VISITOUNOS A DEPORTISTA EPP MAE



O departamento de EF, co fin de poñer en valor o papel da muller no deporte, trouxo para o alumnado da ESO unha visita moi especial, Epp Mae, unha deportista de alto nivel que practica unha disciplina que ao longo dos tempos estivo vetada ao xénero feminino: A loita libre. Isto era así porque estaba mal considerado que a muller traballase unha capacidade física asociada aos homes como é a forza.

Epp Mae  (Rakvere, 2 de abril de 1992. Estonia) gañou a medalla de ouro nos Xogos Mundiais (2009),  na categoría de 80Kg. ​Tamén gañou dúas medallas de bronce: unha no Campionato Mundial (2015) e outra no Campionato Europeo (2017), ambas na categoría de 75 Kg.









Ningún comentario:

Publicar un comentario