A INCLUSIÓN SOCIAL A TRAVÉS DOS SENTIDOS. GRUPO ENKI


Neste curso escolar adicado aos sentidos, na clase de Educación Física quixeron poñerse na pel desas persoas que pola súa discapacidade carecen dalgún sentido ou dalgunha capacidade motriz, quixeron 'poñerse na pel doutro' para mellorar así o respecto e a tolerancia aos que son diferentes a nós  e axudar a conseguir un fin común: a inclusión social destas persoas.

Traballaron primeiro na aula. Taparon os ollos cun anteface, para atrofiar finxidamente o sentido da vista, e comprobar en primeira persoa as dificultades que enfrentan acotío os invidentes. A través do desenvolvemento dos restantes sentidos, menos empregados habitualmente, lograron facer diversas habilidades motrices básicas, non sen poucos atrancos.


















Recibiron ademáis a visita do grupo ENKI, na que un deportista parapléxico abraiou ao alumnado cos seus incríbles logros persoais de superación. Veu ademais acompañado de diversas bicicletas que se empregan na práctica do triatlón adaptado, e todas e todos puideron subirse nelas e deste xeito vivenciar as dificultades do seu manexo. 

O Grupo ENKI está patrocinado pola Deputación de A Coruña e Obra Social A Caixa.










































Ningún comentario:

Publicar un comentario