SENTINDO AS CORES




Co gallo de que este curso o adicamos aos SENTIDOS, o alumnad@ de 3º de primaria estivo a experimentar coas cores, e a escala cromática e realizou varias actividades:

- Círculo cromático coas cores primarias e secundarias .
- Diferenciación entre cores frías e quentes.
- Cores complementarias.
- Clasificación dunha serie de cadros pintados por distintos autores (Picasso, Monet, Cézane, Van Gogh, Camille Pissarro, Degas, Renoir, Matisse, Munch...),segundo distintas gamas cromáticas: gamas de cores por familias, gama de cores fríos, gama de cores cálidos, composicións armmónicas e composicións contrastadas.
- Despois da observación dos distintos cadros (que quere expresar o autor, se gusta e por que, que sentimos ante el...) e unha vez feita a exposición, cada alumn@ pintou o seu propio cadro, púxolle título, facendo reflexión do por qué das cores utilizadas e  o que pretende expresar mediante a súa pintura.
- Pequenas biografías dos pintores traballados.
-  Autobiografía.


Para a realización das distintas actividades ademais do material tanxible (pinceis, bandexas para mezclar cores, pinturas, botes, láminas...) recórdanos Pilar, a titora, que estiveron a utilizar o ordenador para imprimir obras pictóricas usadas e escoitar explicacións en Youtube sobre “Teoría del color”,  e libros da biblioteca escolar para informarnos dos distintos pintores e a súa obra. Me llamo Picasso, Me llamo Van Gogh, Así es Matisse, Así es Van Gogh, Picasso el cubista, Picasso,sus obras, Picasso 1881-1914, Arte para niños, Lo mejor del arte del siglo XX, Claude Monet e Cubismo, entre outros.

E finalmente xurdiu  debate de por que se ven as cousas de distintas cores, diferencias entre a cor blanca e a negra, se os animais ven a cor…


Xa vedes que foi unha experiencia moi enriquecedora. 


 








 





E esta é a bonita e colorista exposición que colocaron no corredor...










Ningún comentario:

Publicar un comentario