LETRAS GALEGAS 2018

 

Deixamos nesta entrada as actividades que se desenvolveron na semana das Letras Galegas e algúns enlaces a recursos educativos para esa data: 


RECURSOS


- Poema Lúa de prata de Mª Victoria Moreno interpretado polo grupo Fuxan os ventos. 



      - Paisaxes e personaxes
      - Marcapáxinas


- Constelación literaria de Mª Victoria Moreno. Material deseñado pola Asesoría de bibliotecas escolares.

ACTIVIDADES


- Mulleres que Contan, actividade na que a través do gran xogo 'quen é quen' o alumnado de 2º, 3º e 4º da ESO coñeceu a vida e obra de Marí­a Victoria Moreno e outras mulleres. Organizado pola Deputación e a área de Cultura do Concello de Touro






--x--

- Encontro do Club de lectura e demais alumnado de 3º e 4º ESO co autor Héctor Cajaraville para falar da súa novela O segredo da casa de Formoso. A visita tivo lugar o 24 de maio













--x--

- Visita da ilustradora e escritora Blanca Millán, antiga alumna deste colexio, que veu a falarnos da súa obra. 

Seguindo coa celebración das Letras Galegas e invitada polo Equipo de Normalización Lingüística, estivo con nós na biblioteca, como xa vimos anunciando, a escritora e ilustradora Blanca Millán. Un verdadeiro pracer a súa visita. Firmounos no Libro de visitas e contounos uns contos seus fermosísimos: 'Lola e as 21 vacas', 'A maxia de mamá' e 'Manuela'. Como disfrutaron deles as rapaza e rapaces de Infantil e dos dous primeros cursos de Primaria... Esperámola de novo por aquí ben pronto!!






--x--



- Maratón de lectura. Cada alumno e alumna do centro leu un fragmento de Mar adiante, de Mª Victoria Moreno, e entre todas e todos fíxose a lectura íntegra da novela. 

Todo o alumnado- Infantil, Primaria e Secundaria- foi gravado e aquí está o resultado, o vídeo do maratón de lectura, en tres partes. 

Picade e veredes...

VÍDEO DE INFANTIL, 1º, 2º e 3º DE PRIMARIA


VÍDEO DE 4º, 5º e 6º DE PRIMARIA


VÍDEO DE 1º, 2º, 3º e 4º DE SECUNDARIA


Ao fondo do escenario para este Maratón de lectura estivo o precioso traballo feito polo alumnado de Infantil de 3 e 4 anos, cun chisquiño de axuda das súas profes ben é verdade, para ambientar a biblioteca para a grabación. 

É o Arroás, o barco-escola protagonista de Mar adiante, a novela de María Victoria Moreno coa que fixemos a nosa particular homenaxe á autora. Da pintura dos rapaces e rapazas que imos decir… que son uns e unhas artistas!!



E non podía faltar a exposición de libros de María Victoria Moreno, por suposto. 


--x--



Bota a lingua a pacer, actividade na que os distintos grupos de Infantil, Primaria e Secundaria escribiron en globos-posters frases populares, ditos, refráns,... da lingua galega. 



INFANTIL 





SECUNDARIA

 


 



PRIMARIA


 

--x--

Exposición sobre a figura de María Victoria Moreno nos corredores, que foi visitada polo alumnado.





--x--

- Música en directo interpretada polo alumnado e profesorado nos patios e corredores





                               
                  


Ningún comentario:

Publicar un comentario