Hoxe, día 22 de novembro, toca ver o que pasa no recreo na biblioteca. Vexamos...
Hai lectores de gustos muy semellantes, como vedes na imaxe de arriba (que terán esas "zapatillas rojas"...), e hai entusiastas dos puzles,
outros facendo consultas nos ordenadores, porque os ordenadores son para eso, para facer traballos e as consultas que se precisan,
algúns aproveitando os últimos momentos de estudo e repaso antes do exame,...
e os voluntarios axudando coma sempre...
e tamén, por suposto, as dúas alumnas que hoxe deron montado, e moi rapidiño, o "ovo de Colón" , xogo nada doado, non creades...
Alicia |
Marta |
Foi un bo día na biblioteca. E Lectouriña está ben contenta de vervos por aquí e sentirse acompañada...
Saúdos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario