A nosa autora: Christine Nöstlinger.

Naceu en Viena no ano 1936, polo que na actualidade ten 77 anos. Dende pequena amosou un grande interese polo debuxo e a pintura, así que estudou Belas Artes.
 
A súa primeira obra foi un libro de debuxos que complementou con breves textos pero, sorprendentemente, este traballo tivo máis éxito pola historia que narraba que polos debuxos.
 
Christine atopou así a súa verdadeira vocación: a literatura infantil e xuvenil que complementa coas súas propias ilustracións.

Os seus temas favoritos son: a familia, a escola, as relacións entre os adolescentes e a amizade, sempre tratados de forma crítica e con sentido do humor. Ademais utiliza unha linguaxe coloquial e xuvenil que adoita conectar cos mozos e mozas.
 
Ten recibido numerosos premios literarios, entre eles o Premio Andersen, considerado o máximo galardón internacional de literatura xuvenil.

Achégase unha nova lectura ao Club...

 
Ide familiarizándovos con esta portada. 'Intercambio  con un inglés' vainos proporcionar, xa veredes, moi bos e entretidos ratos de lectura...
 
Deica pronto, lectour@s!
 

'Chamádeme Simbad', de Francisco Castro

 
Hola a tod@s!
 
A pasada semana demos por finalizada a lectura de 'Chamádeme Simbad', un libro que gustou e moito. Esperamos que compartades aquí as vosas impresión sobre a historia, algo dura pero moi tenra, de Paulo e o seu avó. Nós, entramentras, deixámosvos unhas fotos tomadas no Club de Lectura...


Na última sesión, como vedes, houbo na biblioteca o atraque dunha numerosa flota de barcos piratas, cada un co seu cargamento...



Ata a próxima lectura, lectour@s!