E seguemos cos clubs de lectura...


Os clubs de lectura seguen a súa marcha. Neste segundo trimestre terán tanto un como o outro como autor protagonista a Agustín Fernández Paz. Aquí tendes una imaxe da última sesión do club de 1º e 2º ESO, que decoraron ben bonito o noso recuncho de lectura. :) Pronto virán máis imaxes e algún video que se está a argallar no club dos maiores.

Esperámoste na biblioteca!

Máis lectoras e máis photocalls...


Máis boas lectoras que seguen a disfrutar con Diario de Nikki. E lembrade, mañá comenza una nova semana e, como sempre,... 

Esperámoste na biblioteca!!

Este Nadal adopta un libro


E hoxe, último día de clase antes das vacacions, foi o día do 'Este Nadal adopta un libro'. Todo un éxito. Cerca de 200 libros foron para casa dos nosos alumnos e alumnas, que seguro xa lles atoparon un rinconciño nas súas estanterías. Que os disfrutedes!! E xa nos contaredes á volta...





Os Bolechas


Os pequenos, e ao mellor os non tan cativos tamén, están de sorte! Máis historias dos Bolechas- na neve, no parque acuático, de viaxe por Galicia...- na biblioteca. Ven velos...





Esperámoste na biblioteca!!


Curiosidades y records


Para os máis curiosos e curiosas temos unha boa selección de libros amenos e interesante, e cheos de imaxes e ilustracións. Botádelle un vistazo; seguro que tamén se desperta a vosa curiosidade e que atopades resposta a algunhas desas preguntas, de records de todo tipo por exemplo, que ás veces vos rondan na cabeza.










E xa sabedes que...

Esperámosvos na biblioteca!


'A neve interminable', de Agustín Fernández Paz


Cal é a nosa segunda lectura no Club de lectura de 3º e 4º da ESO? Si, queredes sabelo? Pois unha novela de Agustín Fernández Paz, un autor que tanto vos gusta.  

A historia transcorre nun hostal da Fonsagrada, durante os meses de inverno. Un equipo de guionistas reclúese alí para escribir os guións dunha futura serie de televisión que se titulará As fronteiras do medo. Ao terceiro día, comeza a nevar. É unha tormenta que interrompe as comunicacións e o fluído eléctrico, e que deixa os guionistas illados do mundo. Mentres traballan nas historias da serie irán descubrindo que naquel hostal ninguén é quen aparenta ser e que un medo irrefreable comeza a filtrarse nas súas vidas.

A historia de A neve interminable promete, verdade? Xa vos contaremos...


As mochilas viaxeiras comenzan a súa andaina


Que sorte teñen Andrea, Sheila e Valeria. Son as primeiras que levan para casa as MOCHILAS VIAXEIRAS cheas de divertidas e interesantes lecturas para toda a familia. Pero non vos preocupedes o resto, todo o alumnado de 1º, 2º e 3º de Primaria poderá desfrutar das mochilas e o seu contido... As mochilas viaxeiras comenzan o seu recorrido!!

Comenza a aventura!!











Unhas risas e amenas historias


Os divertidos Mortadelo e Filemón, una parella de axentes secretos de excepción, O Hobbit ou a saga de El señor de los anillos, de Tolkien, libros que nos permiten un ameno recorrido histórico por rúas e portos, o novo número da revista O Papagaio,... son algúns dos protagonistas da semana. E piden a gritos ser lidos...












Esperámosvos!

"Photocalleando"


E seguimos agora cunha boa lectora que nos visitou esta mañán e que quiso pasar, tras a lectura de Diario de Nikki, polo noso photocall... :)


Noraboa e a seguir lendo!

Ao abrigo dun libro...


Na biblioteca non hai inverno que valga. Non hai frío que se resista ao calor, ao acubillo dun bo libro.

Esperámoste!!

Novidades en francés. Oh,là là!


E xa estamos de volta. Un ano máis e máis novidades. Esta vez as novas historias en francés- cómics, clásicos,...- que podedes atopar na biblioteca... Ah, e feliz 2017 a todas e todos!!