Bo Nadal!


Bo Nadal! Adiós Esmeraldina!


Con felicitacións de Nadal, unhas larpeiradas e grandes sorrisos, así de ledos despediron a Esmeraldina as alumnas e alumnos do club de lectura de 1º e 2º. Novas aventuras están por ir...



¿Por que ler? Algunhas boas razóns...

Nós temes claro por que e para que pero, por se algún de vós ten dúbidas, aquí podedes atopar algunhas boas razóns...


'O Nadal polo mundo'


Esta é, unha a unha, a exposición de 'Nadal polo mundo' feita entre todo o alumnado. 14 países cos seus costumes e tradicions navideñas. 

Se picades nas fotos, poderedes ler os textos e ver que grupo fixo cada unha. Imos?...















Despedindo este ano na biblioteca


E despois das visitas de Primaria e Infantil tocoulle o turno aos alumnos e ás alumnas de Secundaria. 'Nadal polo mundo', a biblioteca nas redes sociais, o video '¿Por qué leer?', a presentación da actividade de mañá,'Adopta un libro'... foron ocupando o noso tempo. Logo viría o paseo pola bonita exposición fotográfica 'No inverno' organizada polo Equipo de Normalización e Dinamización...





















Caillou e as nenas e nenos de Infantil na Biblioteca


Visita de hoxe das nenas e nenos de Infantil coas súas profes á biblioteca. Contáronnos o que lles pediron a Papá Noel e aos Reis Magos- moooitas cousas e moi variadas lles pediron, por certo- e ademáis cantamos todos xuntos con Pocoyó, vimos unha historia navideña de Caillou... E que ben se portaron!