Cineclub Touro

  Este curso púxose en marcha o "Cineclub Touro" co alumnado de 5º e 6º de Primaria, e en dúas películas, con 3º de Primaria. A aula de audiovisuais convertiuse nun cine, coa súa carteleira incluída, no que, ao longo do curso foron, visualizando, cada tres semanas, as películas que despois ían traballar. Unha vez vistas as películas realizaban unha posta en común sobre a mesma e despois realizaban un traballo sobre a mesma no que vetían as súas impresións, inventaban un final alternativo... Rematando, en algúns casos, cun programa de radio sobre a mesma. Impresionante selección e un gran traballo!





As nosas pelis favoritas, 5º de Educación Infantil

 Nos primeiros días do curso realizamos unha choiva de ideas para comprobar os coñecementos previos do noso alumnado sobre a temática deste ano: O CINEMA. De aquí partimos as distintas propostas como:

  • Antes de ver a película o neno ou a nena diralle ao compañeiros e as compañeiras o título, o nome das personaxes principais, expón o que máis lle gusta dela e, por último verán o tráiler da mesma.

  • Realizar o cartel da súa película que se pegará na carteleira da aula.

  • Simulacro de cine:

    • Vendedor de entradas: colocarase nun espazo habilitado para vender os tíckets e os paquetes de flocos de millo, así como facer os cálculos necesarios para cobrar segundo o que merca os compañeiros e devolver se é o caso.

    • Cinéfilos: o resto do alumnado, ten que facer unha fila para comprar a súa entrada e os flocos de millo. Deberen usar o vocabulario necesario e coñecer as moedas para pagar.

  • Escribir o título e facer un debuxo relacionado coa película elixida polo neno ou nena .

  • Realizar a ficha técnica a partir dos datos de cada película ( título, país, ano, xénero …)

  • Visitar un cinema en Santiago de Compostela. Fomos ao Numax a ver “Valentina”.

  • Elaborar un mural para o día do libro na que figuren personaxes do cine.

  • Participar na elaboración de carteis: para as “Mulleres de cine” e para “O paseo de actores e actrices pola paz”, na que ademais fixeron de actrices e actores para a elaboración dun vídeo clip da canción “Bajo el mismo sol”.

  • Elaborar un sombreiro de cine coa axuda da familia para o concurso.

  • Decorar as portas da aula relacionadas coa película: Monstros S.A.

  • Decorar un bote de cristal imitando as personaxes da película de Monstros S.A.







































Un ano de cine... Francés

 Ao longo de todo o curso foron moitas as actividades que o alumnado de francés foi desenvolvendo:

  • Polo día da Paz estiveron a traballar películas francesas sobre esta temática, rematando o traballo cun collage sobre as mesmas.




  •  Así mesmo estiveron traballando sobre  "Le Petit Prince", sobre o que craron unhas presentacións que despois expuxeron na clase, e realizaron uns fermosos marcapáxinas. 



  • Continuaron mantendo correspondencia epistolar e a través das redes sociais con alumnos e alumnas franceses cos que xa tiñan contacto previo con pero debido ao confinamento das escolas e institutos o pasado curso escolar escolar non foi posible continuar coa actividade. Foi unha grata sorpresa para nós recibir á profesora Amandine coa súa familia.


  • O alumnado da E.S.O. disfrutou da visita no mes de novembro do entrañable contacontos Samuel Mountoumnjou. Camerunés afincado en Valladolid, profesor de idiomas, formador, mediador interculturale narrador, fíxonos reflexionar a través das fábulas sobre as tradicións e os valores moitas veces esquencidos na nosa sociedade. Grazas a Samuel e á implicación dos rapaces nesta actividade.





Recomendacións lectoras: Verán 2022

  Pouco a pouco ímonos achegando ao final do curso. A partir desta semana xa non se realizan empréstitos, pero como queremos que vos fagades con lecturas para o verán, abriremos a biblioteca os días 27, 28 e 29 de xuño, en horario de mañá, para que poidades achegarvos e levar libros emprestados para as vacacións. Para darvos algunhas ideas deixámosvos unhas recomendacións lectoras, que tamén vos daremos en papel o último día de clase. Bo verán e felices lecturas!




O cine e a literatura

  Hoxe queremos queremos compartir as actividades levadas a cabo polos alumnas e alumnas de Secundaria na área de Lingua castelá e Literatura. Esas actividades tiveron como eixo vertebrador, como non podía ser doutro xeito neste curso, o cine:

 1º ESO

  • Lectura de obras literarias con versión cinematográfica: Cuento de Navidad,  Coraline(1º e 2º trimestre)                                                
  • Elaboración dunha presentación sobre a súa película favorita e posterior exposición ao grupo-clase (1º trimestre).
  • Elaboración dun vídeo-presentación sobre personaxes literarios e a súa caracterización en películas.
  • Elaboración de textos descritivos sobre os mesmos (3º trimestre).

2º ESO

  • Glosario de termos cinematográficos. Tarefa colaborativa na aula virtual (1º e 2º trimestre).
  • Presentacións sobre personaxes literariocon versión cinematográfica.
  • Diapositivas da presentación:  Personaxe, breve biografía do autor/a e libro no que aparece, película e ficha técnica da mesma.  Descrición do personaxe: breve retrato do mesmo.
  • Exposición oral individual da presentación, con apoio audiovisual, ao grupo-clase (3º trimestre).

3º ESO

  •  Lecturas relacionadas co temario de 3º e que teñen versión cinematográfica: El Lazarillo de TormesEl Quijote (1º e 2º trimestre).
  • Realización de presentacións e posterior exposición oral sobre personaxes de cine con orixe en obras literarias da literatura universal (3º trimestre).

4º ESO

  • Lectura de obras literarias hispánicas que teñen versión cinematográfica relacionadas co temario de 4º ESO (Os tres trimestres).
  • Presentacións e exposicións orais individuais sobre autores/as e obras literarias que foron levadas ao cine: La colmenaTiempo de silencioBodas de sangre (La novia(1º trimestre).