Roteiro por Lugo

 O pasado xoves, 22 de maio, o alumnado de Infantil visitou a cidade de Lugo para viaxar ao pasado, despois de traballar o proxecto "Os romanos". Visitaron a ponte romana que vai sobre o río Miño e na que hai a escultura dun romano que se creou no ano 2015 para conmemorar esa edición do Arde Lucus. Deron un paseo pola muralla, facendo unha parada na torre da Mosquira. Despois dirixírnose á Praza Maior para ver a escultura dos fundadores ( César Augusto entregándolle o legado a Pablo Fabio Máximo a orde para a creación da cidade de Lucus Augusti). Moi preto atópase a escultura da Biga (cuádriga romana) á que subiron. Finalmente viron unha piscina romana. Un final marabilloso para o seu proxecto!


























Ningún comentario:

Publicar un comentario