Recomendacións lectoras

 Como xa vai sendo tradición, con motivo das vacacións de Nadal publicamos as nosas recomendacións lectoras para estas datas. Esperamos que vos sexan de utilidade!




Adornos de Nadal

  Unha das actividades propostas para o noso Biblionadal foi a elaboración de adornos de Nadal realizados con material de refugallo. Hoxe queremos mostrarvos eses adornos feitos polo alumnado coa axuda da súa mestra de Relixión. Sen dúbida quedaron ben fermosos!

1º Primaria


2º Primaria


3º Primaria


4º Primaria


5º Primaria


6º Primaria





Nadal de cine

  Neste "Ano de cine", rematamos o trimestre, como non podía se de outro xeito, con sesións de cine. O alumnado de Secundaria gozou dunha mañá de cine coa visualización de "El viaje de Chihiro" (1º e 2º de ESO) e "Gravity" (3º e 4º da ESO).







 No caso de Infantil e Primaria, disfrutaron dunha tarde de cine nas aulas na que visualizaron películas como Coco, Luca, Toy Story, Regreso al futuro, Dumbo...











Portas de cine

  Hoxe queremos mostrarvos o resultado do noso concurso "Portas de Cine". Inspirados por diferentes películas, ou polo cine en xeral, o noso cole encheuse de decoracións, dende secretaría ata as diferentes aulas, pasando por Orientación, A.L., P.T e comedor. Todos e todas realizaron un gran traballo para contribuír á decoración festiva, polo que queremos dar as grazas a toda a comunidade educativa, tan implicada como sempre, pola súa colaboración. O xurado pasará despois das festas para valorar os resultados e moi pronto se publicará a súa decisión. Mentres tanto, tentades adiviñar as películas que nos inspiraron?

1º de Primaria


2º de Primaria


3º de Primaria


4º ESO


4º de Primaria


5º de Primaria


6º de Primaria


A.L.


Audiovisuais-Aula música primaria


Biblioteca


Aula club de lectura


Comedor de Infantil


Aula 2º ESO B


Aula 3º ESO


Aula 1º ESO


Aula Inglés Primaria 


Orientación


P.T.


Sala de profes


Secretaría-Dirección



Biblionadal 2021

   Pouco a pouco ímonos achegando ao Nadal. Como cada ano, dende o EB e o EDL queremos propor varias actividades.

-Realización de adornos reciclados ou con material de refugallo. As aulas que o desexen poderán adornarse empregando refugallos e material reutilizado. Estes adornos poden facer referencia ao inverno, á figura do Apalpador... e serán publicados nas nosas redes sociais.

-Concurso de poemas (para Primaria e Secundaria). Os poemas terán unha extensión libre, con calquera número de versos e unha rima libre. O tema terá que facer referencia ao Nadal e incluír as palabras CINE, ACTOR, ACTRIZ OU O TÍTULO DUNHA PELÍCULA. As poesías entregaranse na biblioteca nun folio co nome, apelidos e curso do alumno/a. A data límite será o luns 13 de decembro.

-Concurso de debuxos sobre o Nadal (para Infantil e 1º e 2º de Primaria). Os debuxos terán que facer referencia ao Nadal. Serán entregados na biblioteca nun folio co nome, apelidos e curso do alumno/a. A data límite de entrega será o luns 13 de decembro.

Algúns dos debuxos e dos poemas ganadores destes concursos irán na postal que se mandará ás casas para felicitar o Nadal.

-Concurso de decoración das portas das aulas "Portas de cine". As portas das aulas poderán decorarse elixindo unha película ou escena dela.



Deixámosovos tamén unhas recomendacións lectoras para ir preparando estas datas, esperamos que as gocedes!


Dende o EDL e o EB agradecemos de novo a vosa colaboración e entuasiamo.

25 N

 O xoves 25 de novembro foi o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller. Como xa expuxemos nunha entrada anterior, foron varias as actividades que se levaron a cabo no noso centro para dar visibilidade a esta realidade e para mostrar o noso rexeitamento da violencia. 

Ao longo de varias semanas estívose desenvolvendo no centro un obradoiro de igualdade que rematou coa estampación dunhas camisetas co lema Touro coa Igualdade.











O día 25 todo o alumnado e o profesorado do centro vestimos esas camisetas e, no pavillón, formamos lazos, por clases, os lazos da igualdade.











 Así mesmo, os distintos grupos foron pasando pola biblioteca ao longo do día, salvo Secundaria que o fixo en audiovisuais, para visualizar distintas curtas sobre diferentes tipos de violencia, dúas das cales foron realizadas por antigos alumnos do centro.









Foi unha xornada cargada de emotividade.