'Mecanoscrito da segunda orixe', de Manuel de Pedrolo (1)




Hoxe xuntámonos xa por segunda vez na biblioteca do centro para charlar sobre o libro que temos entre mans, 'Mecanoscrito da segunda orixe'. Trala entrega na primeira sesión das libretas de notas e os correspondentes exemplares do libro, de falar un pouco do autor e expoñer entre todos, coa axuda de imáxenes, o que entendemos por ciencia-ficción, nesta segunda xuntanza analizamos os dous primeiros cadernos: o Caderno da destrucción e da salvación e o Caderno do medo e do estrano. Lástima do pouco tempo co que contamos porque a historia de Alba, a valente protagonista, e de Dídac, necesita unha análise máis polo muido que veremos de facer en sucesivas reunións. 

Agora, o Caderno da saída e da conservación e o Caderno da viaxe e do amor agardan por nós.

Para aqueles de vos que pasades polo blog e nos líchedes esta novela deixámosvos a sinopsis, por se vos animades,
" 'Mecanoscrito da segunda orixe' conta a historia de Alba e Dídac, dous rapaces que sobreviven a unha catástrofe que fai do mundo un lugar desolado e infernal. Desde o espanto dos primeiros momentos, a parella irá evoluíndo e adaptándose ao novo contorno ata facer do amor o acontecemento central das súas vidas."
Aqueles de vos que queirades ir deixando as vosas opinións sobre o libro, sexades ou non membros deste Club, xa sabedes que estaremos encantados de que compartades con nós as vosas impresións. Eso sí, no deades información que poida estragar a lectura aos que aínda non remataron o libro. Grazas polas vosas aportacións. O blog aliméntase dos vosos comentarios...

Boa semana e boas lecturas!!


'O can dos Barkerville', de Arthur Conan Doyle



Pois si, amig@s, xa temos un cadáver agardando a que Sherlock Holmes faga as súas pesquisas. O intelixente detective e o seu leal amigo, o doutor Watson, son requeridos para investigar a morte, un tanto estraña de . Un pantano, un perigoso e misterioso can, unha herdanza... e nós xunto cos protagonistas intentando resolver o crimen. Contamos, como Holmes, cunha lupa, coas dotes de observación e... coa nosa intelixencia, verdade? 

Falamos  nesta segunda xuntaza do acontecido nos cinco primeiros capítulos. Vamos xa cos cinco seguintes para a próxima semana. Como estivemos vendo, o plantexamento do problema está xa feito: que sucedeu, onde, a quen,...; agora vamos co nudo, coa acción 'in situ'. Holmes trasládase dende a súa casa en Londres ata a  mansión dos Barkerville para levar a cabo de modo preciso, sen perder detalle, as pesquisas que lle leven a resolución do caso. Pero aínda hai moito que investigar ata daquela... 

Deixamos a sinopsis para quen non pertenza ó Club e non coñeza aínda a historia. Ó mellor anímase a ler o libro, quen sabe?
" 'O can dos Baskerville' é unha nova aventura de Sherlock Holmes na que o enigma, o elemento central da historia, presenta características realmente interesantes, porque ó feito criminal vén a sumárselle unha maldición, unha lenda familiar, que envolve todo nun ambiente misterioso e fantástico. O gradual desenvolvemento da acción vai levando cara a unha explicación sobrenatural dos feitos, ata que finalmente o labor do detective conclúe coa explicación natural e lóxica do crime e de toda a cadea de pequenas incógnitas que se nos foron presentando..."
Despedímonos xa ata a próxima xuntanza, a terceira xa, pero antes queremos recordarvos que será un placer, para nós e para todo o que se pase polo blog, poder ler os vosos comentarios. Así que non sexades tímidos e ide deixándonos aquí as vosas impresións do que ides lendo... Grazas!

Boa semana e boas lecturas!!