Club de lectura. Tertulia sobre 'O barril de Amontillado', de Poe


Nova sesión do club de lectura de 3º e 4º ESO. O relato do autor americano Edgar Allan Poe O barril de Amontillado, a historia dunha vinganza desapiadada, foi o protagonista da tertulia de hoxe.




Mochilas viaxeiras en marcha!


As mochilas viaxeiras comenzaron hoxe a súa ruta polas casas do noso alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de Primaria. Cheíñas van de libros variados en temática e xénero para que cada familia poda ler, gozar, SENTIR as lecturas durante toda unha semana. E tras o longo percorrido das mochilas agardamos con ilusión as vosas imaxes, comentarios e aportacións que queirades facernos nas libretas que se inclúen. 


Comenza a viaxe!!
Boas lecturas!! 






OP ART ou como enganar con arte aos SENTIDOS



Coa arte óptica ou OP ART, que xoga coas ilusións ópticas, está a traballar o alumnado de 1º ESO os SENTIDOS e as percepcións na clase de Educación Plástica e Visual. Neste video pódense ver algúns exemplos elaborados por parte de este alumnado. 



A FRASE DA SEMANA (5)


Novidades 'estrela'


Aquí vos mostramos as novidades 'estrela' da semana...

ESPERÁMOSVOS NA BIBLIO!!





Concurso de xadrez en marcha. Participa!


Sabes que o concurso de xadrez comenzou xa esta semana? Se eres estudante de secundaria e che gusta o xadrez, anímate a participar. Cada semana un novo reto para ti.

Tócache mover peza!! 




25N. 25 razóns para o Non


Estas son as 25 razóns pola igualdade e contra a violencia de xénero elaboradas polo alumnado do Centro e que se repartiron polos establecementos do pobo.    




NON á violencia de xénero desde cada recuncho












CPI FONTE DÍAZ CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO 




Reflexionando en torno ao 25N


Durante toda  a semana o alumnado de ESO viu distintos vídeos sobre a violencia de xénero. Antes do vídeo fíxose lectura e reflexión de textos en torno a igualdade.    




Debate de roles sobre a violencia de xénero


O alumnado de 3º e 4º ESO celebrou un debate moi elocuente, organizado polo Departamento de Orientación, asumindo os roles que lles eran asignados. O vídeo O túnel foi visionado e comentado ao final da sesión. 



Haikus pola igualdade e contra a violencia de xénero


O alumnado de Primaria e Secundaria estivo a traballar durante toda a semana na elaboración de haikus para igualdade e contra a violencia de xénero, actividade organizada polo ENDL. Os haikus foron logo repartidos polo pobo en varios pósters.

Deixamos aquí un par de haikus como exemplo... 

Mesmo na lúa
teremos igualdade.
Mesmo na lúa.

Todos xuntiños,
sopa de fideos
en igualdade. 




Debate pola igualdade


Onte os rapaces e rapazas de ESO estiveron de debate organizado polo Departamento de Orientación en torno á violencia de xénero. Deixamos aquí unhas imaxes da sesión cos de 1º e 2º, que rematou coa análise do video 'O túnel', protagonizado por alumnado do IES Moncho Valcarce de As Pontes de García Rodríguez e que foi gañador do III Concurso de Guións Contra a Violencia de Xénero 2016.

Xuntos decindo NON á violencia de xénero.
 








Lectura de 'Rosa Caramelo' en Infantil


Traballando a igualdade desde ben pequeniños con Rosa Caramelo, a historia da elefantiña Margarita. Todas as elefantas da súa manada son de cor rosa, todas menos ela. Pronto descubrirá que as do seu sexo teñen prohibido facer cousas reservadas aos elefantes. Pero ela é rebelde e amosará ás súas compañeiras que a igualdade pódese conseguir. Unha bonita historia a de Margarita e un moi bo traballo o das profes de Infantil. Mirade o precioso mural que deseñaron...







LER É UN PRACER PARA OS SENTIDOS


LER É UN PRACER PARA OS SENTIDOS.

Ben o saben as nosas e nosos "lectour@s"... 



Lecturas para o 25N


Desde a biblioteca propoñemos estas recomendacións para o 25N.


Pola igualdade e contra a violencia de xénero.










Ñam-ñam


A semana que ven non esquezades pasar pola biblioteca. O luns, novidades recién chegadas... que están para comerrrrr. Se eres un ou unha 'DEVORALIBROS', esperámoste. 




Club de lectura de 3º e 4º ESO. Coñecendo a Edgar Allan Poe


Púxose en marcha esta semana o club de lectura de 3º e 4º ESO. Houbo reparto das libretas de notas, de marcapáxinas e dalgún doce, e comezamos cun breve repaso pola atormentada biografía do autor deste trimestre; e todo á tenue luz duns candelabros e palmatorias.

Porque o gran autor americano EDGAR ALLAN POE, un dos mellores escritores americanos de relatos, poeta, creador do relato detectivesco e impulsor da novela gótica, o maestro do macabro será o noso protagonista durante estos dous meses.