Amosando publicacións coa etiqueta Carlos Casares. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Carlos Casares. Amosar todas as publicacións

Contacontos moi especiais...


E seguindo coa celebración da Semana das Letras Galegas hoxe o alumnado do club de lectura de 3º e 4º da ESO fixo de contacontos- Lolo anda en bicicleta, de Carlos Casares, foi o conto elexido- para os nenas e nenos de Infantil. E todo o mundo o pasou a mar de ben, tanto nenos como grandes.

Moitas grazas aos mozos e mozas da ESO pola colaboracion e entusiamo e moitas grazas por suposto ás profes por permitirnos este encontro!!














Venres de libros... e Carlos Casares


Onte, venres, a biblioteca estivo bastante concorrida a pesar dos partidos que se estaban a celebrar: buscando as adiviñas para o concurso no blog da biblioteca, lendo sobre mares e oceanos, estudando para o exame de sociais, ollando e curioseando os libros expostos, escollendo libros para esta fin de semana- Carlos Casares, o autor homenaxeado esta ano nas Letras Galegas, foi un dos preferidos- lendo en grupo Lolo anda en bicicleta, de Casares,... En definitiva, un bo venres de libros e lecturas! 
  




 


 
























Vémonos na biblioteca!