Hoxe, na terceira sesión do club de lectura de 3°e 4°, estivemos comentando o segundo relato do libro 'Amor por catro', de Helena Villar Janeiro, co que estamos neste primeiro trimestre. Fumos falando e, de paso, facendo o noso particular Camiño desde O Cebreiro a Compostela...
Amosando publicacións coa etiqueta Helena Villar Janeiro b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Helena Villar Janeiro b>. Amosar todas as publicacións
CLUB DE LECTURA 3º/4º ESO. 'AMOR POR CATRO'. (SEGUNDA SESIÓN)
Xogando ao Jeopardy co relato 'A moza de Jamaa al Fna', do libro 'Amor por catro' de Helena Villar Janerio.
'AMOR POR CATRO', DE HELENA VILLAR JANEIRO
Amor por catro está formado por historias de amores primeiros, eses que deixan a máis grande pegada no corazón. Os que non se esquecen. Amores que nos acompañarán na memoria para o resto das nosas vidas.
Nestes relatos atoparemos historias e vidas de xente nova que experimenta o amor, ás veces dende o conflito, mais sempre dende un forte desexo. A autora ocúpase de moitos dos perfís do amor, sen deixar de enfrontarse a temas espiñentos como a violencia de xénero. Un libro co que, estamos certos, han identificarse persoas de todas as idades. Porque todos amamos.
CLUB DE LECTURA 3º/4º ESO. 'AMOR POR CATRO'. (PRIMEIRA SESIÓN)

Hoxe tivemos a primeira xuntanza do club de lectura de 3°e 4° ESO. 'Amor por catro', de Helena Villar Janeiro vai ser a nosa lectura por uns días.
Comezamos! Xa iremos contando...
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






