Día do libro en Infantil e recomendacións lectoras

 Hoxe partillamos as actividades que se levaron en Infantil con motivo do Día do libro, así como as suxesticóns de lectura que estivemos expostas na biblio para celebrar ese día. Esperamos que vos gusten moito!









Día do libro: Entrega de premios.

 Como xa vén sendo tradicional, o Día do libro celebramos a entrega dos premios a todos os concursos levados a cabo ao longo do curso. Dúas alumnas voluntarias da biblioteca foron as encargadas de presentar o acto, que tivo lugar no patio cuberto de primaria, para todo o alumnado e o profesorado do centro. Foron as encargadas de anunciar e entregar os premios aos concursos dos relatos de medo, das portas do bosque, de debuxo e poemas do bosque, así como aos pasaportes lectores e ao máis lector. Unha xornada alegre e festiva que marca o comezo do "Mes das letras"!
















Día do libro: Apadriñamentos lectores

 O pasado martes, 23 de abril, celebrouse o Día do libro, o que marca o comezo do noso "Mes das letras". Quixemos comezar a celebralo con unha actividade que gusta a pequenos e a maiores, os "Apadriñamentos lectores". O alumnado voluntario da biblioteca leu libros, escollidos pola súa temática relacionada co bosque, ao alumnado de Infantil. Aproveitando a xornada solleira, distribuíronse en grupos polo patio e celebramos as lecturas ao aire libre. Unha actividade que xa é tradición e que gozan moito e que os alumnos e alumnas voluntarias preparan con moita ilusión.


























Saída "Brañas de Valga"

Neste ano do Bosque, o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de Primaria realizou unha vistia á Aula da Natureza "Brañas de Valga" donde, ademais de gozar da paisaxe, desenvolveron un obradoiro de olería. Unha xornada diferente sen dúbida!





Novidades

 Seguimos compartindo as últimas incoroporciós á nosa biblioteca. Agardámosvos!



Exposición "100 anos despois"

  Este ano cúmprense 100 anos da primeira visita de Ruth Matilda Anderson a Galicia. Co gallo dese aniversario, o alumnado de 5º e 6º de Primaria recreou algunhas das súas fotos coas que preparaon unha exposición á foron invitadas familias, resto de alumnado e profesorado do centro. O día da inauguración da exposición, os propios alumnos e alumnas foron os encargados de presentar e  explicar o seu traballo.

 Foi unha xornada moi alegre, parabéns ao alumnado e ao profesorado que o fixeron posible!