'PALABRA DE MULLER'. EFEMÉRIDES EN FEMININO


Así de bonito e colorista está un dos corredores das aulas de secundaria. Cada alumno e alumna da ESO fixo un traballo sobre unha escritora que nacera no seu mismo día, 'Efemérides literarias en feminino'

As biografías, enmarcadas nunhas caixas decoradas polo alumnado, están escritas nos catro idiomas (castelán, francés, galego ou inglés) segundo a nacionalidade da autora. 














CREATING IN FEMININE


Esta actividade, que foi realizada en conxunto entre as materias de inglés e de relixión de Primaria consistiu na presentación de distintas froitas, algunhas delas descoñecidas para o alumnado, como os arandos, coas que deberían formar dúas composición, un retrato de muller e un animal, para os que se lle presentaron distintas propostas: eirugas, tartarugas, bolboretas, curuxas, ras, ovellas,… e distintas creacións de rostros de muller.

Dividiuse o alumnado en grupos e, despois de presentar a actividade, en consenso, elixiron as composicións que realizarían en cada equipo. Nomearon así mesmo un representante encargado de elixir a froita necesaria para a súa composición, a continuación pelaron e cortaron a froita e, por último, realizaron as súas montaxes que presentaron aos outros grupos.

A actividade foi todo un éxito e moi creativa, posto que non se repetiu ningunha composición.

Deixamos aquí algunhas imaxes... 






TÁBOA PERIÓDICA 'AS MADRIÑAS DOS ELEMENTOS'


Bonita, estupenda, quedoU a táboa periódica de mulleres científicas, 'As madriñas dos elementos'. 

Cada elemento leva asignada unha muller, cuxo nome contén ao símbolo do elemento correspondente. Cada símbolo, e polo tanto cada muller, leva asociada un pequeno texto sobre o campo no que ela destacou profesionalmente. Esta información foi elaborada polos cursos que teñen Física e Química de 2º/3º e 4º de ESO, procurando distribuír os 118 elementos e as 118 mulleres entre o alumnado de xeito que tamén o símbolo do elemento coincida co propio nome do alumno ou alumna. 


A actividade realizase en colaboración co departamento de Tecnoloxía e o seu alumnado de 4º ESO, que elaboraron o soporte físico da táboa. 










MULLERES GALEGAS NA MÚSICA



Mulleres galegas na música é unha actividade que veu relizando o departamento de tecnoloxía en colaboración co ENDL e que consistiu en visualizar a enorme cantidade de mulleres que se adican a facer música en galego. 

Durante case todo o curso, unha ou dúas veces por semana fíxose unha entrada en Movealingua presentando unha muller ou grupo de mulleres e poñendo un vídeo da súa obra.

De momento van: María Xosé Silvar (SES),Soas, Cuarta Xusta, Agoraphobia, Havelas Hainas, A Banda da Loba, Guadi Galego, Sacha na Horta, Rosa Cedrón, Cristina Pato, Susana Seivane, Monica de Nut, Mercedes Peón, Uxía Senlle, Ugia Pedreira, Aid, A señora Carme, Verónica Codesal, Aldaolado, The Vacas, Ialma, Leilía, Lidia Botana, Pilocha, Sete Saias, Sonia Lebedynski, Vudú, M J Pérez, Su Garrido Pombo Camille Hédouin (Mounqup), EJAZZ, Tanxugueiras, Carmen Penim, Isabel Dobarro, Alba María, Najla Shami, High Paw, Punkiereteiras, Oîma Xoana, Andrea Pousa, Flow do Toxo, Val das Mouras e Amparo Arias. 

Outras moitas están aínda por poñer...







ELI RÍOS NO COLE


No #anodasmulleres e nesta semana das Letras Galegas tivemos a visita da escritora Eli Ríos, quen dou un moi interesante obradoiro sobre cuestións de xénero e identidade sexual ao alumnado de ESO.... 


 















En Primaria, tamén nos falou de igualdade a partir do seu libro 'Marta e a Píntega... 







... e as mozas e mozos de Infantil, a través dun lobo ben riquiño, que a diversidade dos afectos nos fai mellores. 




Grazas, Eli!!




DONAS DE SI


Foron moitas as actividades organizadas dentro do Proxecta 'Donas de si', que xa se foron mostrando a medida que ían celebrándose. 

Aquí deixamos as organizadas polo Departamento de Orientación. 

- Charla Nas Tic mandas ti´ da campaña `Quen dixo medo?´ da Deputación de A Coruña. Foi dirixida ó alumnado de 4º da ESO co obxectivo de formar e informar a poboación adolescente no uso responsable das TIC, de xeito que non se contribúa á creación de novas formas de violencia contra as mulleres, senón que sexan empregadas para a eliminación desta lacra social.

- Obradoiro de Educación afectivo-sexual, impartido polo Centro Quérote e dirixida a 3º da ESO. Esta formación pretendía resaltar a importancia de reflexionar sobre as relacións afectivas, promover o diálogo, a asertividade e a empatía nas relacións de parella e traballar os límites e a responsabilidade persoal.

- Charla de profesionais do Centro de Recuperación Integral para Mulleres vítimas de violencia de xénero (CRI) dirixida ó alumnado de 3º e 4º da ESO acerca das consecuencias da VX nas mulleres.




- Campaña `o xoguete educativo´ desenvolvida por Cruz Vermella de Santiago e dirixida ó alumnado de 3º e 4º de Primaria. Con ela reflexionaron sobre os estereotipos de xénero que envolven os xoguetes, chegando a deseñar os seus propios, xustos e igualitarios.




- Contacontos dentro do programa `Quen dixo medo?´ da Deputación de A Coruña. Dirixido a 6º de infantil, esta actividade tiña como protagonista o conto `Quérote (case sempre)´ de Anna Llenas, que narra a historia de dúas personaxes (Lolo e Rita) que se respectan nas súas diferenzas e se adaptan a convivir en harmonía. Posteriormente o alumnado deseñou o seu propio Lolo e a súa propia Rita a partires das siluetas en branco dos protagonistas do conto.



- Xincana coeducativa `Sen violencia, sen medo´ do programa `Quen dixo medo?´ da Deputación de A Coruña, dirixida a 4º e 5º de primaria. Mediante a mesma o alumnado enfrontouse a unha serie de probas e retos que tentan desmontar os estereotipos de xénero en moitas áreas da vida; no deporte, nas relacións sociais, no mundo laboral, etc.




- Obradoiro de habilidades sociais impartido polo servizo de prevención de condutas aditivas de Boqueixón, Teo, Vedra e Touro. Foi dirixida ó alumnado de 6º de primaria e traballaronse as habilidades sociais tan básicas e necesarias para falar de relacións igualitarias: a escoita activa, a empatía, a asertividade, etc.


- Taller `Encaixando as pezas´; un programa de desenvolvemento afectivo-sexual impartido por `Anacos. Proxectos Educativos´e dirixido ó alumnado de 5º e 6º de primaria e 1º da ESO. Un programa que traballou arredor de conceptos como sexo, xénero, identidade sexual, etc...



- Taller de Educación Sexual, impartido por Cruz Vermella e dirixido a 3º da ESO. Pretendía ampliar a formación recibida neste eido, mediante a profundización en aspectos como os prexuízos, estereotipos e mitos no ámbito da sexualidade, habilidades individuais e sociais para unha sexualidade sana, libre e igualitaria, métodos e recursos preventivos, etc.


- Exposición de mulleres premiadas co premio María Josefa Wonenburger Planells, unha colección de libros sobre Mulleres Galegas, unha actuación dun contancontos sobre a biografía dunha desas mulleres, como é Ángeles Alvariño, etc.