O martes 7 de febreiro tivemos a maravillosa visita de Blanca Millán acompañada de Ramiro Peralta.
Preparamos a súa visita cunha exposición dos seus libros, que se foron traballando nas aulas, e anunciouse nas redes sociais do centro.
O día da visita catro voluntarias da biblioteca foron as encargadas de recibilos e levalos a un percorrido polo cole e, sobre todo, ensinarlles a biblioteca. Despois non nos quedou máis que gozar das súas historias e participar con entusiasmo nas súas cancións. Agardamos telos de volta moi pronto!
Seguindo coa celebración das Letras Galegas e invitada polo Equipo de Normalización Lingüística, estivo con nós na biblioteca, como xa vimos anunciando, a escritora e ilustradora Blanca Millán. Un verdadeiro pracer a súa visita. Firmounos no Libro de visitas e contounos uns contos seus fermosísimos: 'Lola e as 21 vacas', 'A maxia de mamá' e 'Manuela'. Como disfrutaron deles as rapaza e rapaces de Infantil e dos dous primeros cursos de Primaria...
- Mulleres que Contan, actividade na que a través do gran xogo 'quen é quen' o alumnado de 2º, 3º e 4º da ESO coñeceu a vida e obra de María Victoria Moreno e outras mulleres. Organizado pola Deputación e aárea de Cultura do Concello de Touro.
--x--
- Encontro do Club de lectura e demais alumnado de 3º e 4º ESO co autor Héctor Cajaravillepara falar da súa novela O segredo da casa de Formoso. A visita tivo lugar o 24 de maio.
--x--
- Visita da ilustradora e escritora Blanca Millán, antiga alumna deste colexio, que veu a falarnos da súa obra. Seguindo coa celebración das Letras Galegas e invitada polo Equipo de Normalización Lingüística, estivo con nós na biblioteca, como xa vimos anunciando, a escritora e ilustradora Blanca Millán. Un verdadeiro pracer a súa visita. Firmounos no Libro de visitas e contounos uns contos seus fermosísimos: 'Lola e as 21 vacas', 'A maxia de mamá' e 'Manuela'. Como disfrutaron deles as rapaza e rapaces de Infantil e dos dous primeros cursos de Primaria... Esperámola de novo por aquí ben pronto!!
--x--
- Maratón de lectura. Cada alumno e alumna do centro leu un fragmento de Mar adiante, de Mª Victoria Moreno, e entre todas e todos fíxose a lectura íntegra da novela. Todo o alumnado- Infantil, Primaria e Secundaria- foi gravado eaquí está o resultado, o vídeo do maratón de lectura, en tres partes. Picade e veredes...
VÍDEO DE INFANTIL, 1º, 2º e 3º DE PRIMARIA
VÍDEO DE 4º, 5º e 6º DE PRIMARIA
VÍDEO DE 1º, 2º, 3º e 4º DE SECUNDARIA
Ao fondo do escenario para este Maratón de lectura estivo o precioso traballo feito polo alumnado de Infantil de 3 e 4 anos, cun chisquiño de axuda das súas profes ben é verdade, para ambientar a biblioteca para a grabación.
É o Arroás, o barco-escola protagonista de Mar adiante, a novela de María Victoria Moreno coa que fixemos a nosa particular homenaxe á autora. Da pintura dos rapaces e rapazas que imos decir… que son uns e unhas artistas!!
E non podía faltar a exposición de libros de María Victoria Moreno, por suposto.
--x--
- Bota a lingua a pacer, actividade na que os distintos grupos de Infantil, Primaria e Secundaria escribiron en globos-posters frases populares, ditos, refráns,... da lingua galega.
INFANTIL
SECUNDARIA
PRIMARIA
--x--
- Exposición sobre a figura de María Victoria Moreno nos corredores, que foi visitada polo alumnado.
--x--
- Música en directo interpretada polo alumnado e profesorado nos patios e corredores.