Amosando publicacións coa etiqueta Noticias. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Noticias. Amosar todas as publicacións

'Con A de astrónomas'


Se queredes aproveitar as vacacións e o bo tempo, podedes facer una pequena excursión en familia e achegarvos hasta Vigo. Na Casa das Artes desta cidade podedes ver a exposición "Con A de astrónomas", na que se pon de relieve a importante labor destas científicas. Atoparedes paneis informativos, módulos interactivos con xogos para dinamizar os contenidos da mostra e unha serie de reproducións empregadas na película 'Ágora' dirixida por Alejandro Amenábar.

Non deixedes de visitala!



Xián, gañador!!



XIÁN BARREIRO, alumno de 3º ESO do noso centro, é o GAÑADOR do concurso de microrrelatos 'Suprime o control' da Deputación da Coruña. O concurso inscríbese dentro do programa socioeducativo de prevención da violencia de xénero. Xián concursou co seu fantástico micro 'Metamorfose'.

Parabéns, Xián!!

Noraboa!!

Chus Lago, a primeira muller galega no Polo Norte


A alpinista galega Chus Lago comenza este xoves unha grande aventura polo Polo Norte. Será a capitana da primeira expedición de mulleres do mundo e percorrerá 200 kilómetros da ruta do casquete polar de Barnes, na illa Baffin, en Canadá, o segundo destino más inaccesible do planeta, con condicións extremas e temperaturas de hasta menos 35 grados. Moitos riscos e peligros para informar ao mundo dos efectos do cambio climático e reclamar atención sobre o deterioro ambiental. A primeira muller galega no Polo Norte.

Ben por ela! Ben por elas!! E moita sorte!


Volta ó club!!

                    
                                                    mecanoscrito da segunda orixe-manuel de pedrolo-9788482888149    

                                                                                                                    
Comenzamos un novo curso escolar e con el o noso Club de lectura ponse de novo en marcha. Este ano ademais coa particularidade de que celebraremos sesións distintas, con diferentes lecturas, para o alumnado de 1° e 2° ESO e para os de 3° e 4°. Por sorte, somos moitos @s lectour@s e é mellor organizarnos así. 

Os primeiros libros cos que empezaremos son 'O can dos Barkerville', de Sir Arthur Conan Doyle, e 'Mecanoscrito da segunda orixe', de Manuel de Pedrolo. Aventuras e misterio por un lado, da man de Sherlock Holmes e o seu inseparable Watson, e engaiolante ciencia-ficción polo outro. 

Boas historias que de seguro nos depararán moi gratas horas de lectura.


A por elas!!

Diplomas para todos e todas!

O día 29 de xaneiro foi un día especial para os nosos e as nosas lectour@s, pois tras rematar con éxito o cuestionario sobre a lectura de A chave da Atlántida, foron galardoados con diplomas aos mellores lectour@as do trimestre e aos lectour@s máis participativos, participativas e constantes.

Noraboa!

Inauguración do club.



 Hoxe, día 6 de novembro,  tivo lugar a primeira reunión do club de lectura. Os profes do club estamos encantados coa acollida. Somos moitos e moitas os que temos gañas de comezar a lectura de A chave da Atlántida: trinta rapaces e rapazas de 1º e 2º de ESO e seis profesores e profesoras. De seguir así, seguro que os de 2º ciclo vanse animar máis para o ano que vén.






Nesta sesión inicial fixemos a presentación da nosa primeira lectura e xa todas e todos temos o noso caderniño do club para poder facer  apuntamentos, recoller aquelas frases especiais que non queiramos esquecer, as reflexións que queiramos compartir co grupo ou simplemente escribir aquilo que desexemos das nosas lecturas.
Tamén foron moi interesantes as reflexións feitas por todas e todos vós sobre os xéneros que máis vos gustan a partir dunhas fichas con fotos de libros que comentamos.
E, como non, para comezar con moitas ganas que mellor que unhas lambetadiñas!   

Así que non vos esquezades: o próximo mércores vémonos para comentar o capítulo 1.

Primeira lectura do noso club para este curso 2013-14.





'A CHAVE DA ATLÁNTIDA'. É unha novela de ciencia ficción na que se mestura a mitoloxía clásica  da antigüidade coa biotecnoloxía e a robótica do futuro. O seu autor é Anxo Fariña, escritor e ilustrador galego que foi galardoado co premio Merlín por esta novela, da que tamén é o seu ilustrador.


 


Benvida ao noso Club de lectura Lectour@s.

A nosa primeira xuntanza deste curso 2013- 14 será o mércores día 6 de novembro. Onde imos reunirnos? Sen dúbida non pode haber outro lugar mellor que  a nosa biblioteca. Alí quedaremos cada semana para comentar o que se vai acordando ler en cada reunión e tamén para expresar as nosas opinións sobre o lido, sempre nun clima de respecto e de compañeirismo.
Por outra banda, este blog servirá como punto de encontro para os membros do club e para todos e todas os que queirades deixar as vosas opinións sobre lecturas, expresar os vosos gustos literarios, comentar obras que lestes e que vos gustaron ou facer recomendacións.

Ademais, iremos colgando información relevante sobre as obras que temos previstas ler e tamén enlaces sobre temas de interese que se relacionen co argumento das mesmas.

Así que moito ánimo e a desfrutar do placer de ler!






Taller de noticias mentirosas


ATROPELLO EN TOURO 

El día 14 de este mes a las 17:00 tuvo lugar un atropello, en Touro delante del supermercado “Luís”. María Luisa Pérez Hernández de 68 años de edad, se disponía a cruzar el paso de peatones cuando un turismo conducido por Adriana López Otero, la atropelló. La causa del atropello fue la intensa niebla que impedía la visibilidad. Afortunadamente la víctima tan solo sufrió heridas de carácter leve. 

_______________________________

Herido en Santa Irene al ser aplastado un vehículo por un trailer

Ayer 18 de abril tuvo lugar un accidente entre dos vehículos, un trailer y un turismo en la N-575 a la altura de Santa Irene. El turismo que era conducido por Jesús Lorenzo Pazos, se encontraba parado para permitir paso a un peregrino cuando el trailer conducido por Manolo Calveiro Espiño al frenar perdió el control y el remolque volcó y aplastó la parte trasera del  vehículo de Jesús Lorenzo Pazos. Afortunadamente solo sufrieron  heridas de carácter leve el peregrino, que pudo continuar su camino a Santiago, y el conductor del turismo.