Amosando publicacións coa etiqueta Departamento de Tecnoloxía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Departamento de Tecnoloxía. Amosar todas as publicacións

O Ano da Música en Tecnoloxía

  Pouco a pouco ímonos achegando ao final deste noso Ano da Música, así que chegou o momento de comezar a compartir os proxectos levados a cabo nas distintas áreas e etapas. Comezamos cos proxectos levados a cabo polo alumnado da ESO de Dixitalización e de Tecnoloxía:

1.-Realización de murais relacionados co PDI do centro co alumnado de Dixitalización e de Tecnoloxía de 4º da ESO

1.1.-Mural da entrada do colexio: madeira, cartón e papel.

 O violín foi realizado reciclando as caixas de cartón dos paneis dixitais. A tipografía foi dixitalizada a partir de ilustracións de internet e realizada coa cortadora láser de Polos Creativos.



1.2.- Mural do ano da música na biblioteca: papel e cartón.

Ao igual que o outro mural,  a tipografía foi dixitalizada a partir de ilustracións de internet e realizada coa cortadora láser de Polos Creativos. As pandeiretas foron realizadas polo alumnado de Tecnoloxía e Dixitalización no curso 24-25 e a zanfona en cursos anteriores para celebrar o entroido.

2.- Proxectos de taller na materia de Tecnoloxía e Dixitalización I do alumnado de primeiro da ESO

No apartado correspondente a proxectos de taller con madeira e metal o alumnado fixo en pequeno grupo os seguintes traballos:

2.1. -Pandeiros con madeira e cinta de embalar

2.2 .-Tarrañolas con madeira de castiñeiro e cortadora láser de Polos Creativos

2.3.- Pandeiretas con madeira de piñeiro e nogueira e ferreñas con botes de tomate reciclados do comedor escolar.





Con todos estes traballos montaron unha exposición no corredor do comedor.





 Que traballos tan marabillosos, non vos parece?

O ano do bosque en Tecnoloxía

  Un ano máis o alumnado de Tecnoloxía, coa axuda do seu profesor, foi o encargado de realizar os carteis que, co lema do curso "O bosque", decoraron a biblioteca e a entrada do colexio, polos que non podemos estar máis que agradecidas!








O ano do mar en Tecnoloxía

 Pouco a pouco iremos compartindo as actividades dos diferentes cursos e departamentos relacionados co PDI de centro, "O ano do mar". Hoxe compartimos as actividades levadas a cabo polo departamento de Tecnoloxía,

 O alumnado de 3º da ESO, na materia de Educación Dixital, programaron con SCRATCH un xogo destinado a Infantil no que o alumnado pode personalizar un peixe con determinados disfracer e cores. Logo ten a posibilidade de velo no acuario coa súa personalización.





 O alumnado de 1º e 2º da ESO realizou un móbil "ao modo" de Alexander Calder. Foi feito con maderia de piñeiro reciclada, cobre reciclado, aceiro e plástico e que está exposto colgando do teito no oco das escalerias de acceso a Secundaria.



  Coa colaboración de alumnado de diversos cursos realizouse o mural que decora a biblioteca. Feito de papel impreso con letras en poliestireno extruído.




 Así mesmo realizaron, para a entrada do colexio, un mural, tamén en poliestireno extruído e papel, a modo de tabolerio de celebración ou commemoración das actividades ou datas significativas. Representa unha dorna con velas que van cambiando en función das actividades ou de datas sinaladas.

 Mural orixinal:


Commemoración dos 20 anos da traxedia do "Prestige"


25N


Nadal


Día da Paz e a Non Violencia


Exposición "Mulleres na Ciencia"


Entroido


Día de Rosalía de Castro


8M


Día das Letras galegas




















Un ano de cine no Departamento de Tecnoloxía

  Continuamos a mostrarvos as actividades que foron desenvolvendo ao longo do curso relacionadas co proxecto "Un ano de cine". Nesta ocasión compartimos as actividades do Departamento de Tecnoloxía. 

  •  Os carteis que decoran a entrada do cole e a biblioteca:


  •  Programación con SCRATCH dun despacho de de venda de entradas dun cinema. O punto de partida era simular o despacho de venda onde un cliente pedise cantidade de entradas e o vendedor lle indicase o que costarían. O programa debería ir descontando do total de capacidade do cinema as entradas que se ían marcando e en canto estivesen todas vendidas debería poñer o letreiro de "Todo vendido". A maiores podían complicar o programa tanto como quixeran: contar coa posibilidade de que o cliente pedise máis entradas das que quedasen, escoller entre varios filmes de distintos prezos, rebaixa por familia numerosa, cálculo da recadación, sorteo dunha entrada gratuíta e todo aquilo que se lle ocorrese ao alumnado