Amosando publicacións coa etiqueta Libro de visitas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Libro de visitas. Amosar todas as publicacións

ENCONTRO CON HÉCTOR CAJARAVILLE


Esta mañá tivemos a xuntanza no club de lectura de 3º e 4º co escritor Héctor Cajaraville. Falounos da súa obra, da súa traxectoria como escritor, da evolución do seu xeito de narrar; respondeu tamén ás cuestións plantexadas polo alumnado en torno a O segredo da casa de Formosa; visitou a biblioteca, firmou no Libro de visitas... Un encontro moi agradable e enriquecedor. 

Grazas desde aquí­ ao autor pola súa amabilidade e xenerosidade e os nosos parabéns pola súa novela, todo un éxito entre o alumnado lector. 

















BLANCA MILLÁN NA NOSA BIBLIO





Seguindo coa celebración das Letras Galegas e invitada polo Equipo de Normalización Lingüística, estivo con nós na biblioteca, como xa vimos anunciando, a escritora e ilustradora Blanca Millán. Un verdadeiro pracer a súa visita. Firmounos no Libro de visitas e contounos uns contos seus fermosísimos: 'Lola e as 21 vacas', 'A maxia de mamá' e 'Manuela'. Como disfrutaron deles as rapaza e rapaces de Infantil e dos dous primeros cursos de Primaria... 

Esperámola de novo por aquí ben pronto!!


SONIA PÉREZ NA NOSA BIBLIO


Estivo esta mañán na biblioteca Sonia Pérez de la Fuente, autora galega que vive agora en Canarias. Estivo contando dous dos seus contos, 'Mi amiga Teresa' e 'El mundo de Gory' ao alumnado de Infantil e dos tres primeiros cursos de Primaria. Que ben o pasaron todas e todos coas historias da xoaniña e da pataquiña Gory... Moitas grazas, Sonia, pola túa amabilidade e por achegarte ata o noso colexio!! E grazas tamén á profe Mª José, que o fixo posible. 






















 






 



NOVA VISITA NA BIBLIOTECA

Rematamos o mes con moitas actividades. Esta semana, por exemplo, ademais da 'Presentación do mércores', contaremos cunha escritora. A autora Sonia Pérez de la Fuente estará na biblioteca o vindeiro mércores 28 co alumnado de Infantil e primeiro ciclo de Primaria.



VISITA DE LEDICIA COSTAS


Sensacional o encontro con Ledicia Costas. Ademais dunha grande escritora, iso xa o sabiamos, demostrou hoxe a súa calidade como persoa, cativando coa súa amabilidade, dozura e simpatí­a. Un pracer compartir esta xornada con ela!  
Deixamos aquí­ unhas poucas fotos pero a reportaxe completa podédela atopar no noso Facebook. Son demasiadas fotos para subilas aquí.

Esta actividade inscrí­bese na iniciativa 'Leer te da vidas extra' do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte