As actividades que se desenvolveron ao longo do curso académico 2025-26 na materia de Lingua castelá e Literatura foron estruturadas conforme aos distintos cursos da ESO e por trimestres e tiveron a música como protagonista principal.
En 1º curso de ESO:
PRIMEIRO TRIMESTRE:
Para o Nadal, as lecturas escollidas foron Canción de Navidad, de Charles DICKENS e El regalo de los Reyes Magos. El milagro navideño de Jonás Tristán, de O. Henry , S. Wojciechowski.
A partir delas, fixéronse presentacións, facendo especial fincapé nas tradicións relacionadas coa música: as danzas da morte (na Idade Media); e no Nadal, as panxoliñas, os bailes e as celebracións musicais en distintos países do mundo, segundo as súas tradicións.
En parellas ou individualmente, o alumnado procurou información, a partir de guion previamente entregado. Despois, elaborou a presentación e, por último, expúxoa aos seus compañeiros e compañeiras.
SEGUNDO TRIMESTRE:
En colaboración coa exposición levada a cabo polo Equipo de Biblioteca, cada alumna e alumno buscou unha efeméride musical (nas catro linguas do centro: galego, castelán, francés e inglés) que coincidise coa súa data de nacemento (día e mes).
Unha vez seleccionadas, redactou a información e adaptouna ao soporte físico escollido: dúas catolinas que serviron para realizar un disco de vinilo e a súa caixa.
Na caixa, puxeron os datos obtidos da investigación, fotos de cantantes, compositoras e compositores, concertos, etc. e decorárona de maneira persoal.
Na parte central do disco, puxeron a data (día e mes).
Todos os discos do alumnado, que colaborou practicamente ao cen por cen, formaron parte da exposición final: Efemérides musicais con data e posdata.
Na aula, das catro efemérides, seleccionaron unha e buscaron información máis precisa, tamén a partir de guion previo, para expoñer ao resto da clase.
A exposición foi acompañada dunha presentación que incluía o enlace á escoita dunha peza musical da figura seleccionada.
- TERCEIRO TRIMESTRE:
En 2º curso de ESO:
PRIMEIRO TRIMESTRE:
Realizáronse traballos de investigación a partir de guion previo para elaborar presentacións sobre diferentes instrumentos musicais: tipo de instrumento, orixe, historia, partes que o compoñen: pandeireta, guitarra, piano, violín, viola, tambor…
Coincidindo co estudo do xénero lírico, escolléronse poemas relacionados con instrumentos musicais como “Oda a la guitarra”.
2º TRIMESTRE:
La música del corazón, de Ana HUERTAS e Los tambores, de REINER ZIMNIK.
Ambas lecturas propiciaron a reflexión sobre a importancia da música para unir ás persoas máis alá de calquera tipo de diferenza persoal, cultural ou social.
Neste trimestre, tamén realizaron a actividade proposta pola biblioteca: Efemérides musicais con data e posdata.
Das súas investigacións, xurdiron novas exposicións, que amosaron ao resto do alumnado, a través da elaboración de presentacións con enlaces aos autores e á música seleccionada.
3º TRIMESTRE:
Como acontece cada curso, o terceiro trimestre é moi breve, e para facilitar a tarefa de crear unha exposición, de novo puideron escoller o tema. Igual que en 1º ESO, a música foi a protagonista da meirande parte das presentacións, en parella ou pequeno grupo.
En 3º curso de ESO:
PRIMEIRO TRIMESTRE:
As cantigas populares: as albas, “as mayas”, os romances.
SEGUNDO TRIMESTRE:
Participación na exposición da biblioteca e elaboración dunha presentación sobre a efeméride escollida en cada caso.
TERCEIRO TRIMESTRE:
De novo, tema libre e tamén realcionados cos gustos musicais persoais. Exposición na clase mediante presentación.
A partir da lectura do Lazarillo de Tormes, tamén se tratraron os romances de cego.
En 4º curso de ESO:
PRIMEIRO TRIMESTRE:
O estudo do Romanticismo, permitiu que o alumnado realizase presentacións sobre este periodo no eido musical. Elaboraron presentacións de figuras relevantes da música clásica desta época e amosáronas ao resto do grupo.
SEGUNDO TRIMESTRE:
TERCEIRO TRIMESTRE:
Tema libre, pero de novo, un dos máis escollidos foi o musical coas tendencias actuais que máis lles gustan.
A partir de guion previo, elaboraron presentacións que expuxeron ao resto da clase. O grupo tomou nota dos datos principais e elaborou textos expositivos sobre os contidos expostos.
EN TODOS OS CURSOS
A maiores, en todos os cursos e niveis, foron escoitadas versións musicadas de poemas clave da literatura española (autores como A. Machado, F.G. Lorca, M. Hernández, etc).
La canción del pirata en distintas versións e estilos musicais. E tamén estudáronse moitas figuras literarias aplicadas áo estudo e escoita de cancións e, por suposto, a prevalencia de tópicos literarios de herdanza grecolatina: “carpe diem”, “tempus fugit”, “Ubi sunt?” (“¿Dónde están, Dónde están, corazón?” de COTTI, coas metáforas bíblicas dos ríos e do mar).
Por último, é importante mencionar que a música foi un tema moi aprezado polo alumnado, proba diso é que volvesen escollelo nas exposicións do último trimestre que sempre adoitan ser de tema libre, por mor da falta de tempo.
Ademais, favoreceu o coñecemento interxeracional, pois moito alumnado manifestou ter charlas coa súa familia ao coñecer cantantes de épocas máis perto dos seus familiares (nais, pais, avoas, avós) e isto propiciou unha aprendizaxe mutua e o enriquecemento persoal
que conlevou: momentos únicos de interacción e convivencia familiar.
Aquí deixamos unha mostra de algúns deses traballos.
Gloria Stefan, de Adrián A.
Marco Antonio Portugal, Isaque:
Brian May, Beatriz:
The Eagles, Borja:
Melendi, Valeria:
Juice Wrld, Pedro:
Los Rodríguez, Nicolás S.

























































Ningún comentario:
Publicar un comentario