Na recta final.

Xa rematamos o capítulo IX. Recordade que  o próximo día  comentaremos desde o capítulo X ao XIII. Isto estase a poñer moi interesante!!!

A Fosa de Kermadec.

Por certo, recordades que os científicos do Proxecto Prometeo crearan o ser artificial a partir dos pergamiños atopados na Fosa de Kermadec? De novo temos outra referencia espacial real. Trátase dunha fosa oceánica moi profunda. Neste enlace atoparedes máis información


Neste vídeo atoparedes  un sorprendente descubrimento que se produiciu no ano 2012 nesta fosa situada en Nova Zelandia: un crustáceo xigante!
 





A Pedra da Campá



 
A0, Eva e Fran van ata a Pedra da Campá. Aí temos unha imaxe desta peculiar pedra situada nas Illas Cíes.

As Illas Cíes.

Eva e Fran viven en Vigo, moi preto das Illas Cíes. Este marabilloso espazo natural terá moito que ver no desenvolvemento da nosa novela...alguén de vós xa o mencionou na última reunión, pero coñecemos ben estas illas?
 
As Illas Cíes constitúen un arquipélago. En total son tres illas: a Illa de  Monteagudo,(N) a do medio ou Illa Do Faro e Illa de San Martiño (S).

Están situadas no Océano Atlantico a 14,5 km de Vigo apoximadamente.
Foron declaradas parque natural en 1980 e forman parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia desde o ano 2002.

En febreiro de 2007 o xornal británico The Guardian nomeou á Praia de Rodas, que une dúas das illas, como a mellor praia do mundo.


Avanzando na lectura.

Xa imos no capítulo IX e coñecemos máis sobre o misterioso protagonista, un ser humano artificial coa apariencia dun adolescente de doce anos!
 
Recordades como se chamaba o proxecto que lle deu vida? Tiña o mesmo nome ca un titán da mitoloxía grega: Prometeo. Na páxina 20 dise: " Por aqueles tempos traballaban xuntos no mesmo equipo de investigación, incluso fora el quen suxerira os nomes do seu cuñado e a súa irmá para o proxecto Prometeo".

 Ademais do que comentamos na reunión do clube, aí vos deixo  un vídeo para coñecer mellor ese mito da antigüidade clásica: a historia de Prometeo.