Un ano máis, o 24 de febreiro, fixado no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario de nacemento da autora, celebrouse no noso cole o Día de Rosalía de Castro. Este ano, a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega, fíxoo baixo o lema "Teus doces cantares".
Día de Rosalía
Entroido 2021
Este Entroido foi un pouco diferente, vivímolo con unhas máscaras diferentes e sen o noso tradicional desfile. Sen embargo, a pesar de todo, decidimos celebrar o Entroido da mellor maneira posible, por iso, Dona Meca volveu deixarnos os seus mandatos, que foron moi ben acollidos.
- Posto que seguimos coa temática do curso pasado, A volta ao mundo, podían traer o disfraz do ano pasado.
- Un disfraz relacionado coa temática do curso.
- Disfraz libre.
Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia
A brecha de xénero nos sectores STEM (siglas en inglés de ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas) persiste en todo o mundo, de forma que as mulleres seguen insuficientemente representadas neses campos, a pesar que a súa participación nas carreiras de grao superior aumentou enormemente.
Según un estudo realizado en 14 países, a probabilidade de que as mulleres estudantes rematen unha licenciatura, un mestrado ou un doutoramento nalgunha materia relacionada coa ciencia é do 18%, 8% e 2%, respectivamente, mentres que a probabilidade para os estudantes masculinos é do 37%, 18% e 6%.
En Galiza nas carreiras técnicas existe unha menor presenza feminina entre o alumnado e o profesorado, cunha porcentaxe de mulleres nas carreiras de ciencias que caeu 10 puntos na última década, como por exemplo nos estudos de informática, onde apenas o 13% das persoas matriculadas son mulleres, fronte ao 38% que chegaron a ser no ano 2000.
Por todo iso, o obxectivo desta campaña é romper prexuízos nas estudantes e presentarlles mulleres investigadoras referentes nos seus eidos de traballo científico, para que sexan modelos a seguir polas nenas e mozas galegas que están a pensar no seu futuro.
Deste xeito, en Secundaria e nas horas de ciencias, o alumnado visionou algún dos vídeos recollidos na entrada anterior do blog, milcontosporcontar.blogspot.com/2021/02/dia-internacional-da-muller-e-nena-na.html, en concreto os de Corazón de Investigadora, vídeos moi curtos de científicas galegas, e os recollidos baixo o título "De maior quero ser científica", nos que que unha científica e unha nena (moitas das veces a súa propia filla) mostran de xeito entretido diferentes perfís profesionais con aplicacións na biomedicina (neste caso investigadora clínica, enxeñeira farmacéutica e enxeñeira de tecidos.