Un ano máis, o 24 de febreiro, fixado no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario de nacemento da autora, celebrouse no noso cole o Día de Rosalía de Castro. Este ano, a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega, fíxoo baixo o lema "Teus doces cantares".
Este lema foi a inspiración para as actividades que se desenvolveron no noso centro. Coa axuda de Nahia, alumna de 5º de Infantil, coñecimos un pouco a figura de Rosalía:
E despois, o alumnado de Infantil e Primaria preparou coreografías e bailou ao ritmo de cancións inspiradas nos poemas da nosa autora máis universal. Aquí vos deixamos os seus bailes!
4º de Infantil
5º de Infantil
6º de Infantil
1º de Primaria
2º de Primaria
3º de Primaria
4º de Primaria
5º de Primaria
6º de Primaria
Por outro lado, o alumnado de 5º de Primaria agasallounos con estes poemas visuais!
O alumnado de 5º de Infantil realizou estas fermosas carautas de Rosalía decoradas con flores de primavera e un traballo sobre esta autora.
E, por suposto, ese día desfrutamos, no comedor, do xa tradicional Caldo de Gloria e a torta de aniversario de Rosalía:
Ningún comentario:
Publicar un comentario