Bo Nadal!!


Ola! Son Lectouriñ@, a mascota da Biblioteca. Hoxe vestinme de vermello como Papá Noel para desexarvos a tod@ vós, querid@s lectour@s, e tamén aos vosos pais e nais, ao profesorado e a todos os membros da Comunidade Educativa do CPI Fonte-Díaz de Touro...
 
 
 
 

... e boas lecturas!! Sede moi felices!!

Xa chegaron!!


A nove estación, o frío inverno, está a piques de chegar. E con ela o calor do Nadal, Papá Noel, algúns regalos... Pero coa nosa biblioteca fixeron unha excepción. Xa están aquí!! Que non me credes? Mirade senón a Papá Noel atascado na cheminea...

 

 
E recordade neste tempo de agasallos, der dar e de recibir, que... "UN LIBRO É O MELLOR REGALO"... ou polo menos un dos mellores.

 

Adeus, Escarlatina!

E chegou o tempo de despedirnos de Escarlatina, de Román e de todos os demais. E fixémolo ao grande, coa degustación dunhas riquísimas madalenas/brownies. Moitas grazas, Lidia! Precioso detalle o que tiveches!! O broche casi final que se merecía a entretida lectura de Escarlatina, a cociñeira defunta, de Ledicia Costas



E dixen casi final porque na derradeira sesión tocou ver La novia cadáver, de Tim Burton. Moi axeita a película, non credes?
 
 

Segue a degustación de 'Escarlatina, a cociñeira defunta'

 
Na anterior entrada do Club de Escarlatina, amosábamos unhas pizzas... de preguntas. Nesta ocasión houbo otras larpeiradas literarias... e das de verdade. A degustación desta novela, Escarlatina, a cociñeira defunta, segue a ser unha ledicia. Anda, como o nome da autora, Ledicia Costas! Vamos coas imaxes. Esa man... 
 



 
A ver que nos contades desta lectura, que a caixiña de comentarios está aberta a tod@s vós... Por certo, pode que haxa sorpresa na vindeira xuntanza. Que será?... 
 

Ler é... soñar



Serpe de libros


Coas vosas propostas sobre aqueles libros que máis vos gustaron fixemos a serpe que podedes ver dirixíndose sinuosa cara á Biblioteca. É a serpe das tentacións, a serpe dos libros máis atraíntes para vós. Vamos a facer un rápido recorrido por ela neste video, parécevos?

Libros ilustrados (1)


Amosámosvos aquí algúns dos libros ilustrados que tivemos expostos na Biblioteca e que, aínda que xa colocados nas estanterías, seguen a vosa disposición. Auténticas xoias... 



 

 
 







 



Xa sabedes, están agardando por vós...
 
 
 

Evolucionando con Calpurnia Tate

 
Estamos, aquí nos vedes, coa lectura de A evolución de Calpurnia Tate. E somos testigos casi presenciais da súa evolución na relación co seu avó, dos cambios nas relecións cos seus irmáns e o espertar do seu interese pola ciencia, pola observación e a invetigación. Un mundo novo a descubrir ábrese ante ela. Pero, caramba, parece que polo feito de ser unha rapaza as cousas pónselle algo difíciles... 
 


Esquencemos amosar os cadernos do Club deste curso! Velaiquí están. Son ou non son bonitos?...



E lembrade que aínda quedan uns días para poder votar o mellor booktrailer de A evolución de Calpurnia Tate. Podedes velos AQUÍ...

Coñecendo a Escarlatina, a cociñeira defunta


Pero que ben o estamos a pasar con este Román e con Escarlatina, verdade? E a de novas receitas que estamos a aprender... Xa estamos a piques de rematar a lectura desta entretida e divertida historia. Pero quédannos mois bos recordos destes encontros. Mirade, mirade...


 








A pizza de preguntas, por certo, deliciosa. Demos boa conta dela...



Celebrando o Samaín na Biblioteca

Neste outono que xa vai rematando estivemos, como xa sabedes, a voltas coa biblioteca. E seguimos... E alá por novembro tocounos pasar algo de medo no Samaín, recordades?  Deixámosvos algunhas fotiños coa decoración e as suxestións para a ocasión. A ver se vos gustan...








Esperámosvos- lendo, por suposto-  na seguinte entrada...