Seguimos celebrando o Mes das Letras! Unha das actividades mais agardadas é a, xa tradicional, representación da aula de teatro do centro. O pasado xoves tivo lugar a posta en escena da obra 'Entre soños e tropezos'. Queremos trasladar os nosos máis sinceros parabéns a todo o alumnado participante e ao seu mestre, Afonso, polo seu esforzo e talento. Grazas por brindarnos unha xornada tan especial, chea de sorrisos e aplausos!
Historias enredadas
O pasado martes, 20 de maio, gozamos coa representación, por parte da aula de teatro do colexio, de "Historias enredadas". Cinco historias que nos fixeron reflexionar, pero tamén rir. Queremos dar os parabéns ao alumnado pola súa gran actuación e moitas grazas, tamén, ao seu profe de teatro, por compartir con nós o seu talento.
Con esta representación remata o noso Mes das letras!
Obra de teatro "Los últimos días"
Hoxe queremos compartir a obra de teatro levada a cabo polo alumnado de 6º de Primaria que leva por título "Los últimos días". Representárona para todo o alumnado de infantil e primaria e agora queremos que a gocedes tamén por aquí, agardamos que vos guste!
O libro máxico
Este ano entramos a formar parte do programa Lectura e familia. O pasado mércores, 22 de maio, puidemos gozar do obradoiro de animación á lectura impartido polo grupo de teatro Migallas. Representaron a obra O libro máxico, unha obra que nos fixo rir a gargalladas, que fixo voar a nosa imaxinación e que rematamos cantando e bailando. Foron moitas as familias que participaron na actividade aceptando a invitación que lles fixemos chegar a través dos seus fillos e fillas e que tamén compartimos nas nosas redes sociais e que puxo un punto final perfecto ao noso "Mes das letras". Moitas grazas por vir, foi marabilloso, esperamos que o gozarades tanto coma nós!
Historias disparatadas
O día 26 de maio remataron, por todo o alto, as actividades do Mes das letras. Os encargados de facelo foron os alumnos e alumnas da aula de teatro do noso cole, co seu profe Alfonso á fronte, coa obra "Historias disparatadas" que representaron ante todo o alumnado do centro. Sen dúbida contamos cunha importante canteira de artistas que fixeron disfrutar a grandes e pequenos por igual. Parbéns por ese gran traballo!!






































































