Novos xogos e puzles!


Ola!  

Hoxe toca recordar que na biblioteca xa temos novos e desafiantes xogos... e máis puzles por facer! Anímaste?...




Nova porta?

Unha entrada rapidiña para ensinarvos non a nova porta da biblioteca senón a nova decoración da porta de sempre. Gústavos? Con libros, claro, como non...



Novidades Secundaria. Xaneiro 2016

E tócalle o turno ás novidades de xanerio para Secundaria. Pero non queda a cousa aquí, non pensedes; están a chegar moitas máis. Pero mirade agora estas recén chegadas á biblioteca e dicídenos, que vos parecen? 
 
 

Novidades Primaria. Xaneiro 2016


E agora, tras as de Infantil, tócalle o turno ás novidades para Primaria que chegaron á biblioteca, e para quedarse, neste mes de xaneiro. Mirade, mirade. Seguro que a algún destes títulos o atopades tentador. E non tedes máis que facer que pasarvos pola biblioteca a disfrutar da súa lectura...


 

Novidades Infantil. Xanerio 2016


Deixámosvos o vídeo coas novidades para a etapa de Infantil que chegaron este último mes á nosa biblioteca e que están xa a disposición do alumnado, profesorado e familias. Algún destes libros vos interesa? Pois xa sabedes onde atopalo... 


Dereito á Paz. Dereito a Ler. Dereito á Biblioteca...


Como ben sabedes, o 30 deste mesmo mes, xanerio, celébrase o Día da Paz. E a nosa biblioteca quere, como non, participar dalgún xeito nesta conmemoración. A Paz, a Convivencia, o Respeto, a Xustiza, a Solidaridade son conceptos clave para, entre todas e todos, lograr construir un mundo mellor, máis xusto e igualitario. Para recordar estas ideas, algunas das figuras que ao longo da historia loitaron por facelas realidade así como algunhas das novelas que tratan estos temas fixemos unha pequeña exposición na biblioteca que, dende aquí, queremos invitarvos a visitar. Esperámosvos...


DEREITO Á PAZ
DEREITO A LER
DEREITO Á BIBLIOTECA...

Os visitantes da nosa biblioteca...


Esta é a nosa biblioteca neste venres 22 de xaneiro. Vai cambiando, como as estacións, con nova decoración, novos xogos e moitas novidades. Visitádenos!! Elas e eles xa o fan, como vedes...






Club de lectura. 'O misterio das badaladas'

 
Un novo misterio ronda ó club de lectura de 1º e 2º ESO. 'O misterio das badaladas', de Xabier P. DoCampo, é a nova lectura que contén o novo enigma a resolver. O primeiro capítulo xa nos mergullou no asunto e tennos intrigados. Continuamos...
 
 
 
 

Club de lectura. 'Bajo la misma estrella'


O club de lectura deste segundo trimestre cos alumnos e alumnas de 3º ESO ponse en marcha. Como o elemento máis importante do club son os seus membros, foron eles- vós, os lectour@s- os que escolleron a súa lectura nesta ocasión. E entre todos os libros propostos, case vinte, o elexido para disfrutar nas vindeiras sesións foi....

 
Así que.... comezamos!!