E máis fotos no photocall! Aquí tendes outras dúas moi boas lectoras que acabaron Diario de Nikki e que desexan que quede constancia delo. Damos fe con esta imaxe. Noraboa e a seguir lendo!
O libro 'Diario de Nikki' segue aumentando os seu club de fans. Estas son outras das moitas lectoras e lectores que se animan a lelo. E ben que lles gusta, nos din.
Os alumnos e alumnas que van lendo unha das nosas novidades, Diario de Nikki, de Rachel Renée Russell , pasan ao rematar o libro polo photocall. E o máis importante, ademáis da foto, e que lles gusta moito a novela. Así que a vindeira semana estará o número 2 xa na nosa biblioteca. Por agora- virán máis seguro- aquí tendes as dúas nosas primeiras lectoras do libro. Coñecédelas?...