E tamén vos deixo unha lectura, unha das que podedes atopar na biblioteca á vosa disposición; é unha historia moi axeitada para pasalo "de medo" na noite de Halloween. Trátase de Otra vuelta de tuerca, do gran autor americano- nacionalizado inglés- Henry James.
A historia ten como protagonista a unha moza, unha institutriz ao coidado de dous nenos nun mansión victoriana. Aparicións, elementos sobrenaturais, mortes en estranas circunstancias... e unha tensión que vai en aumento páxina tras páxina e que che impide soltar o libro.
Saúdos de Lectouriña!

