Amosando publicacións coa etiqueta Club de lectura 2018/2019. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Club de lectura 2018/2019. Amosar todas as publicacións

DESPEDIDA DO CLUB DE LECTURA


Hoxe tocou despedida do club de lectura.

Primeiro foi a entrega dos diplomas, dun agasallo moi 'lector' para as portas dos seus cuartos e do cómic que fixemos no club de 2°.

Logo tocou tomar algo para coller forzas e emprender unha mooooi longa camiñata... 

O club pecha así as súas portas por este curso. 

Ata logo, lectour@s!! 



























'LEÑADORAS' NO CLUB DE LECTURA DE 1º ESO


Comezamos hoxe no club de lectura de 1º ESO coa novela gráfica 'Leñadoras'. Tívonos tan engaioladxs coa lectura que nin tempo nos dou a facernos unha foto... Boa sinal! Moi boa!!

Do que si nos lembramos foi de repartir, camo sempre os marcapáxinas, e petiscar uns doces. 




'DI NON AO ACOSO ESCOLAR'. VÍDEO DO CLUB DE LECTURA DE 3º/4º ESO

E este é o vídeo que fixemos hoxe, DÍA CONTRA O ACOSO ESCOLAR, no club de lectura de 3°e 4° ESO unha vez rematada a lectura de 'O que sei do silencio', de Andrea Maceiras...





CLUB DE LECTURA 2º ESO (QUINTA SESIÓN)



E no club de lectura de 2° ESO seguemos nas nosas pescudas para dar co asesino/a. Agatha Christie non nolo pon nada fácil; menos mal que contamos coas células grises do detective Poirot. 

E tamén seguemos coa creación do noso propio cómic...




  
















CLUB DE LECTURA 3º E 4º ESO (CUARTA SESIÓN). CLUB DE LECTURA DE 1º ESO (TERCEIRA SESIÓN)



Esta semana no club de lectura de 1° - 'A balada dos unicornios' - tocou falar un chisco dos novos capítulos lidos e xogar a 'Personaxe misterioso'

Logo, entrega de premios ao equipo gañador (a verdade é que houbo lambonadas para todxs) e foto con sorriso antes da despedida. 


E no de 3°e 4°- 'O que sei do silencio' - estamos a piques de rematar xa a lectura. Estivemos a falar e comentar dándolle voltas á confesión do acoso escolar a Silke e o perigo do silencio. Vémonos de novo en 15 días... 



CLUB DE LECTURA 3º/4º ESO. 'O QUE SEI DO SILENCIO'. (SEGUNDA E TERCEIRA SESIÓNS)


Imos xa pola terceira sesión do club de lectura de 3º/4º ESO. 

Co rosco vermello 'contra o acoso escolar' estivemos a analizar na pasada xuntanza os distintos personaxes que van aparecendo na novela. 

Nesta terceira, co rosco verde 'a favor da tolerancia', debatimos sobre como se van revelando eses personaxes, como van entrelazando as súas relacións e como enfrontan as situacións e conflitos ao seu redor... 

Moi boa lectura esta de 'O que sei do silencio'. 





CLUB DE LECTURA 1º ESO. ' A BALADA DOS UNICORNIOS' (PRIMEIRA E SEGUNDA SESIÓN)



Xa imos pola segunda sesión do club de lectura de 1º ESO. Tras o desfrute de 'As meigas de Lupa', estamos agora con 'A balada dos unicornios', que tan bo sabor de boca deixou no club de lectura de 2º ESO. 

Na primeira sesión estivemos a ver o vídeo que fixemos no club de 2º, repartíronse os marcapáxinas e falemos un chisco do libro e da súa autora.

Nesta segunda sesión tocou xogar e comentar os 5 primeiros capítulos. As preguntas foron sinxelas e as respostas rápidas e correctas. Poucas veces fixo botar man dos comodíns…




CLUB DE LECTURA 3º/4º ESO. 'O QUE SEI DO SILENCIO'. (PRIMEIRA SESIÓN)


Esta semana comezamos o club de lectura de 'O que sei do silencio', de Andrea Maceiras, co alumnado de 3°e 4° ESO. Coñecemos un pouco á autora, intentamos extraer información describindo a portada do libro, analizamos brevemente as características da narración e comparámola con lecturas previas,... Non dou para máis a sesión. 

Xa iremos contando.




CLUB DE LECTURA 1º ESO. 'AS MEIGAS DE LUPA'. (CUARTA SESIÓN)


Nesta cuarta sesión, a última antes das vacacións de Nadal, tivemos unha tertulia moi amena sobre a trama, os personaxes e como de intrigante se está a poñer a historia. E o noso castro Lupario segue a medrar... 






CLUB DE LECTURA 1º ESO. 'AS MEIGAS DE LUPA'. (TERCEIRA SESIÓN)


Nova xuntanza esta semana do club de lectura de 1°ESO. Os personaxes de 'As meigas de Lupa' e as súas relacións de parentesco, e o xogo de 'Verdadeiro ou falso' tivéronnos entretidos e non chegou o tempo a nada. Ah, e empezamos a montar o noso propio castro Lupario...


CLUB DE LECTURA 2º ESO. 'A BALADA DOS UNICORNIOS'. (CUARTA SESIÓN)



Xogando a 'Personaxe misterioso' e a 'Antes ou despois?' e sobre todo gozando coa lectura de 'A balada dos unicornios', de Ledicia Costas, no club de lectura de 2° ESO... 





E así rematou a cuarta sesión. Lida está xa 'A balada dos unicornios' pero queda aínda unha actividade final por facer. Será a vindeira semana... 



CLUB DE LECTURA 3º/4º ESO. 'AMOR POR CATRO'. (TERCEIRA SESIÓN)


Hoxe, na terceira sesión do club de lectura de 3°e 4°, estivemos comentando o segundo relato do libro 'Amor por catro', de Helena Villar Janeiro, co que estamos neste primeiro trimestre. Fumos falando e, de paso, facendo o noso particular Camiño desde O Cebreiro a Compostela...