Este curso, no que o Día das letras galegas estivo adicado a Luísa Villalta, decidimos convocar o I Recital poético das Letras galegas. O pasado mércores, 22 de maio, e como actividade para poñer fin ás actividades do "Mes das letras", xuntámonos no patio de Primaria todo o alumnado de Infantil, Primaria e Secundaria (salvo un par de cursos que ían de excursión) para o recitado. A selección poética estivo centrada, sobre todo, en fragamentos de obras de Luísa Villalta. Foi unha actividade moi fermosa e que esperamos repetir nos próximos anos.
Amosando publicacións coa etiqueta Poesía b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Poesía b>. Amosar todas as publicacións
Radio na biblio
Xa podedes escoitar un novo programa da nosa radio. De novo dende as casas, nesta ocasión, o alumnado de 5º de primaria e o seu profe Paco, ofrécennos un recital de poesía que remata con unha dedicatoria moi especial. Merece a pena escoitalo!
Leemos a poetas célebres
Leemos a poetas célebres
POETAS CON TODAS AS LETRAS
Preciosa a exposición 'Poetas con todas as letras'. Fíxoa o alumnado de 1° ESO coa profesora de Lingua Castelá e literatura coincidindo coa Semana da Poesía.
Agora toca recitar eses bonitos poemas...
DÍA DA POESÍA

Aínda que nós xa celebramos todo un mes de poesía coincidiendo coa conmemoración do nacemento de Rosalía de Castro, non deixamos pasar, por suposto, O 21 de marzo Día da Poesía, sen algunha actividade...
'Soy la araña de España'
Día da Poesía coas pequenas e pequenos de 3 e 4 anos. Superchula quedou a súa versión de 'Soy la araña de España', de Gloria Fuertes. E cada quen decorou a súa co seu estilo. Artistas!!!
'Transmatria'
E tamén neste parte do voluntariado estivo a xogar co profesorado a completar versos do libro 'Transmatria', do compañeiro Daniel Asorey, gañador do Premio libro galardoado no XXI Premio de Poesía Johán Carballeira do Concello de Bueu. Grazas a Daniel por este poemario forte, contundente e no que as mulleres son o gran referente, e ás voluntarias e voluntarios, coma sempre, polo seu entusiasmo.
'Poetas con todas as letras'
Preciosa a exposición 'Poetas con todas as letras', non é? Fíxoa o alumnado de 1° ESO coa profesora de Lingua Castelá e literatura. Agora toca recitar eses bonitos poemas...
'MES DE ROSALÍA, MES DA POESÍA'
ROSALÍA
Este é o video do poema de Rosalía 'Miña casiña, meu lar'. Moitas grazas a todas as familias que vos animástedes a participar e vos sumástedes a esta homenaxe feita con todo o respecto e agarimo á nosa poeta por excelencia. Grazas.
O mural de Rosalía que está pendurado cerquiña da biblioteca. Está feito coas cariñas de todo o alumnado do colexio... e con moito cariño.
As pequenas e pequenos de Infantil viñeron á biblioteca a ver o vídeo-homenaxe feito polas familias- fíxolles ilusión verse-, un divertido vídeo dos Bolechas 'Rosalía e os Bolechas', e a cantar. En definitiva, a recordar a Rosalía...
Menú 'rosaliano' no comedor, como ten que ser: o 'caldo de groria' do poema-estrela no cole este mes e un doce homenaxe...
1º de Primaria recordando a Rosalía de Castro...
MALETAS VIAXEIRAS DA POESÍA
INFANTIL E PRIMARIA
-Infantil-
Lecturas, diversión, recitado e manualidades con algunha das historias. As maletas viaxeiras dan para moito...
-1°e 2° de Primaria-
Ata a mascota se animou a ler coa profe...
-6° de Primaria-
MALETAS VIAXEIRAS DA POESÍA
SECUNDARIA
-1º ESO-
Na Hora de Ler e na clase de Lingua Castelá.
-2º ESO-
'A poesía é o alimento da alma'
-3º ESO-
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)












































































