Primeiras reunións do club de lectura

No mes de novembro comezamos coas reunións do Club de Lectura, o martes 5 o de 3º e 4º da ESO e o mércores 6 o de 1º e 2º da ESO. Nestas primeiras reunións repartíronse os calendarios de reunión, un caderno para ir anotando as ideas que nos inspiren os libros, así como os libros que leremos neste primeiro trimeste. Para 1º e 2º eliximos "El jorobado y otros cuentos de "Las Mil y una noches" e para 3º e 4º "Europa express" de Andrea Maceiras, inspirándonos nesta nosa Volta ao mundo. Comezamos a viaxe!








Mes da Ciencia en galego

No mes de novembro celebrouse o Mes da Ciencia en galego e na biblio quixemos dedicarlle un espazo especial, para iso elaboramos unha exposición con todas as novas adquisicións feitas cos fondos STEAM. O alumnado podía pasar durante os recreos a botar un ollo e levar prestado algún dos exemplares.


Día das Bibliotecas

Saúdos de novo! Pouco a pouco imos ir actualizando o blog para que sigades ao tanto de todo o que imos facendo.
Este curso comezamos as actividades da Biblio coincidindo coa celebración do día das Bibliotecas. Para iso foron pasando todos os cursos do cole pola biblio, de dous en dous, aproveitamos para recordar/ dar a coñecer as normas de funcionamento da mesma. Neste ano, no noso proxecto é "A volta ao mundo",  comezamos cunha exposición con exemplares da obra "A volta ao mundo en 80 días" de Jules Verne, repartimos marcapáxinas personalizados simulando un billete de avión con destino arredor do mundo e o pasaporte lector que lles pode facer gañar grandes agasallos. Ademais, o alumndo de infantil disfrutou dun apadriñamento lector por parte do alumnado de 6º de primaria e fíxoselles entrega dos seus carnés da biblioteca. Foi unha xornada moi intensa!