Miguel de Unamuno de aniversario


Tal día como hoxe de 1864 nacía en Bilbao Miguel de Unamuno, escritor e filósofo español da xeración do 98.  Pero ademáis dun gran escritos era, xa o vedes na imaxe, un gran lector.  


TOCA LER!!


Agora tamén en Twitter


Hoxe queremos lembrarvos que, se vos é máis cómodo e xeitoso, tamén nos podedes seguir, ademáis de por aquí e por Facebook, en Twitter. Acabamos de abrir, apenas fai un par de días, conta nesa plataforma. Si picades AQUÍ, o enlace levaravos a ela.

Sexa onde e como sexa- en Twitter, en Facebook, no blog ou en "persoa"- non deixedes de visitar a biblioteca... 


Esperámosvos!!



Lectour@s pola biblio...



Hoxe na biblioteca... lendo sos ou en compaña


TOCA LER!!


Novos libros. Novos amigos.



Novidades da Editorial Vicens Vives e Anaya Infantil y Juvenil que acaban de chegar á nosa biblioteca. Un divertido, outro emotivo, un terceiro cheo de aventuras e os outros dous clásicos teatrais. Para todos os gustos, xa vedes!! 

TOCA LER!!




Xornadas de Portas Abertas

Entre os 2 e os 18 de outubro celebraranse as Xornadas de Portas Abertas, nas que a biblioteca se abre a toda a Comunidade educativa para compartir opinión, puntos de vista e proxectos comúns.  O día 2 será coas familia do alumando de Infantil, o 4 coas do de Secundaria e durante os días 9, 10, 11, 16, 17, e 18 coas dos de Primaria. 


Porque a Biblioteca é de tod@s e para tod@s.



Chus Pato na Real Academia Galega


A poetisa ourensana Chus Pato ingresou hoxe, 23 de setembro, como membro de número na Real Academia Galega. É a sexta muller en entrar nesta institución.

Os nosos parabéns!!