Día do libro: Entrega de premios.

 Como xa vén sendo tradicional, o Día do libro celebramos a entrega dos premios a todos os concursos levados a cabo ao longo do curso. Dúas alumnas voluntarias da biblioteca foron as encargadas de presentar o acto, que tivo lugar no patio cuberto de primaria, para todo o alumnado e o profesorado do centro. Foron as encargadas de anunciar e entregar os premios aos concursos dos relatos de medo, das portas do bosque, de debuxo e poemas do bosque, así como aos pasaportes lectores e ao máis lector. Unha xornada alegre e festiva que marca o comezo do "Mes das letras"!
















Día do libro: Apadriñamentos lectores

 O pasado martes, 23 de abril, celebrouse o Día do libro, o que marca o comezo do noso "Mes das letras". Quixemos comezar a celebralo con unha actividade que gusta a pequenos e a maiores, os "Apadriñamentos lectores". O alumnado voluntario da biblioteca leu libros, escollidos pola súa temática relacionada co bosque, ao alumnado de Infantil. Aproveitando a xornada solleira, distribuíronse en grupos polo patio e celebramos as lecturas ao aire libre. Unha actividade que xa é tradición e que gozan moito e que os alumnos e alumnas voluntarias preparan con moita ilusión.


























Saída "Brañas de Valga"

Neste ano do Bosque, o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de Primaria realizou unha vistia á Aula da Natureza "Brañas de Valga" donde, ademais de gozar da paisaxe, desenvolveron un obradoiro de olería. Unha xornada diferente sen dúbida!





Novidades

 Seguimos compartindo as últimas incoroporciós á nosa biblioteca. Agardámosvos!



Exposición "100 anos despois"

  Este ano cúmprense 100 anos da primeira visita de Ruth Matilda Anderson a Galicia. Co gallo dese aniversario, o alumnado de 5º e 6º de Primaria recreou algunhas das súas fotos coas que preparaon unha exposición á foron invitadas familias, resto de alumnado e profesorado do centro. O día da inauguración da exposición, os propios alumnos e alumnas foron os encargados de presentar e  explicar o seu traballo.

 Foi unha xornada moi alegre, parabéns ao alumnado e ao profesorado que o fixeron posible!