BO NADAL E FELIZ 2018!

E despedímonos xa por este ano cos nosos mellores anhelos para todas e todos vós. Desde a biblioteca, e en nome de todo o profesorado e demais membros da comunidade educativa, desexámosvos...



Club de lectura de 3º e 4ª. Trimestre con Edgar Allan Poe

Hecho con Padlet

Despedida na biblioteca. Lembrando... cos sentidos.


Hoxe na biblioteca estivemos de despedida... ata dentro duns días, xa no 2018. Ollamos a felicitación do alumnado en linguaxe de signos, repartimos as guías de lectura que vos amosamos na entrada anterior, houbo reparto de agasallos en Primaria... e estivemos a ver un pequeno vídeo-resumo das actividades desenvolvidas neste primeiro trimestre. E quixeramos compartilo aquí con todas e todos vós...




Entrega de Premios 'MI QUIJOTE. SIGLO XXI'. Noraboa!!


Onte realizouse no centro a entrega do cheque por valor de 600 euros e dunha tablet, premios obtidos polo alumnado de 3º ESO do curso pasado polo seu 2º Premio no concurso nacional 'MI QUIJOTE. SIGLO XXI'. No seu momento xa víchedes o vídeo e ben sabedes do bo traballo que fixeron e do merecido que é este premio. Noraboa aos mozos e mozas e, por suposto, a Carmen, a súa profesora de Lingua Castelá e Literatura.

Os nosos parabés!!















Felicitación do noso alumnado con linguaxe de signos


E esta é a felicitación do alumnado do colexio. Uns poucos alumnos e alumnas en representación de todos os ciclos e niveis educativos deséxanvos un BO NADAL e FELIZ ANINOVO. Como estamos este curso a voltas cos sentidos é esta unha felicitación un tanto especial...


BO NADAL!!!


Apadriñamento lector


Que bonita a actividade de hoxe de lectura compartida!

Alumnado voluntario da biblioteca de 6º de Primaria estivo facendo de contacontos para as pequenas e pequenos de Infantil, cada un/ha co seu grupiño de "afillados" e "afilladas".

'O apalpador', 'Corre corre, cabaciña', 'Cocorico', 'A eiruga larpeira',... foron algúns dos contos protagonistas. Todas e todos, grandes e pequen@s lectour@s, desfrutaron da actividade.

Moitas grazas Andrea, Carla, Claudia, Gabriel, María, Sandra, Uxía e Yago!! Estivéchedes insuperables!! E grazas tamén as profes de Infantil pola escolla de contos e os agasallos aos "padriños" e "madriñas".

Deixamos aquí algunhas imaxes... 


































Sentindo o Nadal


Mirade que preciosas manualidades fixo o alumnado de Primaria coa súa profe Susana. Isto é ter maña... e bo gusto, verdade?













Club de lectura de 1º e 2º ESO. Nadal.


Última sesión do club de lectura de 1º e 2º ESO coa entrega de felicitacións e ambientación de Nadal... 




Os arboliños dos bos desexos


Nos arboliños de Nadal que fixeron para engalanar a biblioteca as rapazas e rapaces de Primaria colgaron uns adorniños cheos de paz, amizade, armonía, alegría, familias unidas, saúde, cariño, ledicia, felicidade, amor,... Unha chea de bos desexos para todas e todos. Moitas grazas e...

BO NADAL!!🎅🎄☃️