O pasado mércores 23 de abril celebramos o Día do libro no noso centro o que marcou o inicio do noso Mes das Letras. Unha das actividades de este e que xa é unha tradición sos apadriñamentos lectores que este ano tiveron lugar o propio Día do Libro. O alumnado voluntario da biblioteca realizou lecturas para o alumnado de Infantil. Aproveitando a mañá solleira, o alumnado distribuíse polo patio en grupos de 2 ou de 3, os voluntarios e voluntarias achegáronse aos distintos grupos e realizon as lecturas dos libros que levaban. Foron rotando por varios grupos unha vez rematada a lectura ao primeiro, así foron varios os contos que escoitaron, con moita atención os alumnos e alumnas de Infantil.
Trátase de unha actividade que o alumnado voluntario agarda con moita ilusión, preparando as lecturas con tempo para facelas amenas aos seus oíntes e que o alumnado de Infantil acolle con moito interese e gozo. Unha gran xornada de convivencia e aprendizaxe para eles e que sempre piden repetir.
Ningún comentario:
Publicar un comentario