O ano da historia en Tecnoloxía

  Ímonos achegando ao final deste curso, por iso comezamos a compartir todas as actividades que se foron levando a cabo nas distintas áreas e niveis dentro do PDI de centro, A Historia.

 Comezamos coas actividades que se desenvolveron no departamento de Tecnoloxía co seu alumnado.

Realizaron o mural para a entrada do colexio. O mural está realizado con cartón reciclado aproveitando as caixas dos paneis táctiles recibidos este curso. Foi feito coa colaboración do alumnado de 4º da ESO.



 O alumnado de 4º da ESO de Dixitalización realizou, coa axuda do profesor de Tecnoloxía, o mural liña da historia que decora a nosa biblioteca. O material empregado foi, basicamente, cartón reciclado e empregáronse as ferramentas enviadas ao centro para Polos Creativos, en particular a cortadora láser.

 O mural consta dunha inscrición Ano da Historia formada por letras de cartón realizadas a man no taller de Tecnoloxía porque, polo seu tamaño, non cabían na cortadora láser. Ás letras déuselle volume con porexpán ou con tiras de cartón.
 O resto do mural está formado por unha liña do tempo non demasiado rigorosa, con distintos elementos icónicos de distintas épocas ou acontecementos.
 Prehistoria: representada por dous petróglifos: a cabra e o labirinto.



Castrexos: Representados cunha vivenda típica dun castro.


Os romanos: Representados polo seu estandarte SPQR e pola muralla romana de Lugo.



Época medieval: Representada por un escudo nobiliario inventado que mestura simboloxía sueva con outros elementos de heráldica inventados, pero que teñen que ver co ano da historia do centro e que se explican máis adiante. Tamén aparece unha representación superposta dos dous estilos artísticos da catedral de Santiago, o románico e o barroco.


 Literatura medieval galega: Representada polo debuxo dun trobador medieval sacado da interne e modificado á imaxe de Martín Códax.



 Os irmandiños: Representados por un collage cun castelo ardendo tirado da internet xunto cun gravado de Isaac Díaz Pardo.


 A emigración: Representada por un gravado láser dunha imaxe icónica da fotografía galega.

 Literatura galega: Rosalía de Castro e Castelao.



 Ciencia: o Sputnik.

 Movemento Nunca Máis: Representado por medio da súa icónica bandeira.


 O feminismo:

 O escudo con heráldica formada por motivos relacionados co PDI de centro, o Ano da Historia, e con outras conmemoracións que se celebran este ano: Ano Castelao, Ano Díaz Pardo e Día das Letras Galegas. Neste escudo represéntanse, entre outros, o dragón e o león do escudo suevo, un helmo xenérico, a espiroide de Sargadelos na honra de Isaac Díaz Pardo, a fouce e a estrela do escudo de Galiza deseñado por Castelao, unha pandeireta con motivo do Día das Letras Galegas dedicado ás Cantareiras, unha silueta do río Ulla ao seu paso polo Concello de Touro e un lume simbólico que representa aos irmandiños e a queima dos castelos.

Letreiros de apoio ás exposicións do aniversario do centro.  Realizados en cartón e aluminio reciclados coa colaboración do alumnado de 3º da ESO.


 Realización de proxectos piloto de marcadores e chaveiros: realizados en contrachapado de madeira natural polo alumnado de Dixitalización de 4º da ESO. 






 Colaboración coas actividades do Día de Rosalía, Día das Artes Galegas, Ano Castelao e aniversario do centro con alfinetes DIY. Realizados en cartolina e madeira reciclada do mobiliario recibido este curso.






 Traslado e revisión dos equipos da Radio na Biblio para a realización de podcasts no día da festa de aniversario do do centro. 
































































Ningún comentario:

Publicar un comentario