O alumnado de educación infantil comezou o curso indagando na súa historia persoal. Cada alumno/a fixo un lapbook titulado: “Eu son”, no que recolleu información persoal súa, como o seu conto favorito, a súa liña de tempo, un debuxo da súa familia, o nome do colexio, autorretrato…
A continuación traballaron os castrexos, crearon o Castro de Touro, elaboraron unha carpeta con información da vida nos castros e elixiron o seu propio nome castrexo. Fixron xogos de robótica nos que tiñan que achegar o robot co seu personaxe castrexo ata o seu castro.
Remataron o trimestre buscando os personaxes típicos dos nadales doutras comunidades de España, que posteriormente decoraron a súa porta nesas datas tan sinaladas para o alumnado de infantil.
Á volta de vacacións retrocederon no tempo para traballar os dinosaurios e a prehistoria, no que descubriron a existencia dunha gran variedade de especies e as súas características xunto ao noso experto, Xoel.
Ademais destas especies extinguidas coñeceron outras da prehistoria, descubriron como vivían, como se defendían e como apareceron as primeiras obras artísticas. Fixeron un pequeno dossier, un lapbook, manualidades e xogos con robótica.
A
continuación, traballaron distinas épocas da historia. Comezaron na Idade Antiga
cos exipcios, recollendo despois toda a información nunha gran exposición. Logo
indagaron na Idade Media e os castelos, co que realizaron un mural precioso, a
construción de torres, murallas e un castelo con distintos materiais de
construción; remataron falando da Historia de Galicia.
No proxecto do Antigo Exipto cobrou espcial importancia a implicación das familias. Todas enviaron libros, murais, diversos obexectos e mesmo xogos que fixeron cos nenos e nenas na aula. Esta implicación motivou moito ao alumnado. Na aula fixeron unha carpeta de Exipto onde recolleron a información que lles ía chegando á aula. Como fixeron co proxecto dos Castrexos, cada neno e nena buscou o seu nome exipcio, converténdose en faraóns. Ademais, tamén en colaboración coas familias, elaboraron os disfraces de exipcios para o desfile da Historia.
Finalmente,
realizaron un itinerario en Lugo no que visitaron distintos lugares realizados
polos romanos.
Como sempre, ademais, contaron coa colaboración das familias para o desenvolvemento de obradoiros nas aula e aos que dedicaremos outra entrada no blog.
Ningún comentario:
Publicar un comentario