O Ano da Historia en 5º e 6º de Infantil. Obradoiros das familias

Un ano máis, as familias xogaron un papel moi importante no desenvolvemento das actividades do PDI de centro. En 5º e 6º de Infantil levaron a cabo varios obradoiros.

-Lectura dun conto da prehistoria e recreación dunha pintura rupestre.





-Cantaron cancións de dinosaurios, foron paleontólogos (previamente a familia agochou os dinosaurios no areeiro) e clasificaron os dinosarurios segundo o medio no que vive e se desplaza (acuático, terrestre e aéreo). 









 - Exposición sobre os dinosaurios, por parte de outra familia, e realización dun dinosaurio cunha pinza.


 -Na visita de outra familia, o irmán maior do alumno inventou un conto sobre os mamuts e a continuación realizaron un obradoiro no que cada alumno e alumna elaborou o seu propio mamut.



 -Outra familia trouxo para cada alumno e alumna un ovo de dinosaurio, fixeron na aula o experimento e nos posteriores días estiveron observando os cambios.





- No outono fixeron varios saídas pola contorna en busca de cogomelos, e unha familia trouxo unha caixa con unha gran variedade de especies.



- Na mochila viaxeira as familias aportaron manualidades, anécdotas ou fotografías de cando eles eran estudantes no colexio de Touro.






- Elaboración dunha carpeta cos títulos dos contos favoritos de cada alumno e alumna. Este ano pediron a colaboración da familia para que elixiran conxuntamente o seu libro favorito. Despois na aula, cada día lemos o libro do encargado ou encargada e escribimos o seu título e por último pegamos o conto na carpeta colocando debaixo o nome do alumno ou alumna.












- Unha familia trouxo á aula un xogo sobre o sistema solar, porque estaban conmemorando o Día da Terra. A través desta actividade o alumnado aprendeu o nome dos distintos planetas, características de cada un e ampliou o vocabulario desta temática.





- Elaboración dun colar da prehistoria empregando bolas de poliespán e masa branda para facer un colmillo.




 -As familias dos nenos e nenas enviaron fotos de lugares que visitaron, como o castelo de Soutomaior e de San Antón, Londres, así como lugares con historia da zona, e máis tarde o alumnado presentábao aos seus compañeiros e compañeiras.




 -Outra familia, despois de ler un conto sobre Isaac Newton, fixo un taller para a elaboración dun xoguete, neste caso un monicreque, que despois levaron para as súas casas.






 Por outra banda, as familias tamén aportaron materiais de refugallo para a elaboración de traballos manuais do alumnado. Por exemplo, un coello de Pascua.






 -Decoraron un escudo empregando unha plantilla e coloreando con témpera.





 E celebraron os cumples en familia e con froita de tempada.

 Moitas grazas ás familias por compartir ese tempo con nós, pola súa xenerosidade e colaboración!











 

Ningún comentario:

Publicar un comentario