Le Tour du Monde

O alumnado de Francés de Secundaria comezou o a súa "Volta ao mundo" no mes de outubro coa vistia do contacontos camerunés e mediador intercultural Samuel Mountoumnjou. Grazas a el achegáronse á cultura e aos costumes do continente africano a través de contos, lendas, fábulas e anécdotas. Ademais de divertilos moito, fíxoos reflexionar sobre valores tan fundamentais, e esquecidos nas nosas sociedades occidentais, como a solidariedade, a convivencia, a tolerancia e a honestidade.











Por outra banda, e aproveitando a participación da profesora de Francés, Lourdes, no Programa Integral de Aprendizaxe de linguas estranxeiras da Xunta de Galicia (PIALE) en Nantes, cidade na que viviu Xulio Verne case  30 anos, o alumnado da ESO traballou sobre a súa obra e comezaron a facer unha exposición no corredor do colexio, aínda que debido, ao decreto do Estado de alarma, non puideron rematar as lecturas e a mesma exposición. Ademais a profesora realizou unha exposición, ante o alumnado, de fotografías da casa de Xulio Verne, achegándose así de outro xeito máis ao autor. Os libros de lectura tratados foron: Le tour du monde en 80 jours, Vingt mille lieuses sous les mers e Deux ans de vacances.












Xusto antes da interrupción das clases, comezaran a traballar en algúns cursos sobre o caderno de viaxe "carnet de voyage" sobre os medios de transporte, polo que queda pendente de retomar o curso que vén.


Outra actividade desenvolvida foi a correspondencia entre alumnado galego e francés, tanto epistolar como a través das redes sociais (Snapchat, Whatsapp...). Trátase de unha experiecia moi enriquecedora e motivadora, porque lles permite achegarse a una cultura diferente á propia, aprendendo a respectar as diferenzas, así como a adoptar un comportamento responsable no que se refire ao uso das redes sociais.


Parabéns por tanto traballo!

Eurovelo 3

O grupo de 6º de primaria levou a cabo un roteiro cicloturístico "virtual" seguindo o itinerario real que a partir de este ano ten Touro como parte do mesmo. A intención de esta "viaxe virtual" foi a planificación, por parte do alumnado, de unha viaxe dende Noruega ata Santiago en bicicleta.
Este proceso implicou a procura de información por parte do alumnado, a elaboración de traballos, fichas, o coñecemento de outras realidades e costumes, así como  cooperación e a sensiblización sobre o uso de transportes non contaminantes.
Supuxo a simulación da viaxe, incluíndo gastos da viaxe, estancias, dietas, visitas a museos, tralados, polo que a cooperación e organización foi moi importante, pois cada grupo dipuña de unha cantidade de diñeiro para gastos.
Pedalearon, grazas a unhas bicicletas estáticas colocadas na aula, un total de 1267 quilómetros, que se viron interrompidos pola declaración do Estado de alarma.



Con este espíriut, no Entroido o disfraz elixido foi o de exploradores:


Parabéns polo traballo realizado!


A volta ao mundo de 3º e 4º de primaria

En 3º e 4º de primaria traballaron o proxecto de "A volta ao mundo" de forma conxunta. Partindo da película A volta ao mundo, da que ían vendo distintos capítulos na clase, facían o resumo do visionado, buscaban información dos países que visitaban ( bandeira, situar no mapa a capital do país, moeda, lugares imprtantes do país, receita de unha comida típica do país, monumentos importantes...), conseguindo visitar, antes do decreto do Estado de alarma, Inglaterra, Francia e Italia
Tamén fixeron un estudo sobre Jules Verne, autor de "Volta ao mundo en 80 días"














Tiñan, así mesmo, os seus pasportes personalizados, que ían selando segundo ían percorrendo os distintos países.




En cada aula había unha exposición permanente de libros relacionados co proxecto (que se ían cambiando e que aportaba a biblioteca así como os propios alumnos) que o alumnado podía consultar.

No Entroido elixiron disfrazarse de bandeiras do mundo, cada alumno e alumna realizou un pequno traballo de investigación sobre o país cuxa bandeira lles tocou.



E seguiron viaxando grazas aos libros das mochilas viaxeiras, como podedes ver nos debuxos que descubrimos nas libretas das mesmas unha vez que as recollimos:







Parabéns por tan bo traballo!



A volta ao mundo de 2º de Primaria 2019/2020

O alumnado de 2º de primaria quere compartir con tod@s nós o seu traballo ao longo deste curso. Cóntannos que grazas ao seu compañeiro, Ali, un alumno nado en Dubai e que este é o segundo curso que está escolarizado no noso centro, o Emirato estivo moi presente nas tarefas diarias da clase. Calquera situación era aproveitada para comparar e sacar conclusións en torno á vida das persoas, sobre todo das nenas e nenos, nese entorno e as diferencias entre o día a día entre Touro e Dubai. As referencias á vida en Dubai, á vida en Touro e nos outros países traballados, nacía na aula todos os días, compartindo Ali as súas vivencias cos seus compañeiros e compañeiras.








No Entroido elixiron un espazo moi diferente para coñecer, establecer as oportunas comparacións e logo disfrazarse. Viaxaron ás terras de Groenlandia, de Alaska e do Polo Norte grazas ao pobo esquimó. Grazas aos mapas políticos do mundo, a unha globoesfera e ás novas tecnoloxías que os axudaron a investigar sobre a localización, os costumes, os modos de vida e a vestimenta típica deste pobo. Axudáronnos a comprender moitas realidades, xurdiron preguntas e comentarios moi interesantes,  e fixeron as actividades máis divertidas. 


Foron moitas as actividades que quedaron sen levar a cabo debido ao decreto do Estado de Alarma, entre elas a visita da familia de Ali, para seguir ampliando os seus coñecementos sobre Dubai, aínda así, ralizaron un gran traballo, así que parabéns!!


A volta ao mundo de 1º 2019/2020

En 1º de primaria estiveron traballando no seu Mosaico "A volta ao mundo"
Despois da visualización dos 4  primeiros capítulos de "A volta ao mundo de Willy Fog" comezaron coa elaboración de un mosaico sobre os paises nos que estivo Willy Fog. Debido á suspensión das clases, só lles dou tempo a facer Reino Unido e Francia, traballando a capital, a bandeira, o monumento máis significativo, comida típica e vestimenta tradicional.



No Entroido disfrazáronse co traxe típico da India, tamén colorearon e decoraron a  cabeza de un elefante hindú, animal moi significativo para a súa cultura, debido a que o consideran símbolo de boa sorte.


Durante o confinamento seguiron traballando no proxecto de "A volta ao mundo" dende as casas. Crearon e ilustraron un videoconto titulado "Coronavirus viaxa polo mundo".





Un gran traballo, parabéns a tod@s!

A volta ao mundo en Infantil 2019/2020

Dentro do proxecto traballado ao longo do curso, A volta ao mundo, en Infantil levaron a cabo as seguintes tarefas:

  • Decoración das portas das aulas relacionadas con paisaxes e animais do continente africano: amencer e xirafa en 3 anos, a selva e o gorila en 4 anos e amencer e león en 5 anos.
  • Realización dun obradoiro de confeción de máscara relacionada co centro de interese e disfraces relacionados co continente africano.



  • Elaboración dun receitario con pratos de diferentes culturas, por exemplo as arepas de Venezuela, minipizzas de Italia, tarta de mazá de Alemaña, filloas de Galicia...

  • Elaboración de un mural coa silueta de muller africana que escribiron no seu interior profesións atípicas de mulleres, para conmemorar o Día da Muller Traballadora.


  • Coñecer outros lugares e a súa cultura a través de charlas onde as familias contaron as súas experiencias, vivencias ou coñecementos dos lugares. Visualización de vídeos ou contos relacionados co mundo. así como coñecer formas formas de cortesía de outros países como rutina de entrada e palabras sinxelas.

  • Durante o confinamento o alumndo, e a súas familias, seguiron traballando no proxecto de "A volta ao mundo", viaxando e investigando sobre Exipto, a India, Grecia e o Reino Unido. Aquí podedes ver o resultado do seu traballo:

Alumnado de 5º de infantil:


Alumnado de 6º de infantil:



  • Elaboración de un cartel sobre a situación de marxinación que sofren as mlleres en Exipto con motivo da conmemoración do 25N e que se expuxo na bilbioteca.

Parabéns por tanto traballo!!

Vídeo resumo

Neste fin de curso atípico, non queriamos deixar de compartir con tod@s vós o vídeo resumo de todas as actividades que se foron desenvolvendo ao longo do curso. Esperamos que vos guste e agardámosvos en setembro. Moi bo verán a tod@s!


Radio na biblio

Xa podedes escoitar o último programa de radio do alumnado de 5º de primaria. Este é un programa moi emotivo, cos sentimentos a flor de pel, pois nel despídense de dous dos seus mestres que xa non os acompañarán o curso que vén. Un programa feito con moito cariño e que merece a pena escoitar. Parbéns, rapaces!
 Despedida Chus e Daniel

Recomendacións lectoras

Pouco a pouco foise achegando o fin de curso e, aínda que é un fin de curso atípico, non queremos deixar de compartir con tod@s as nosas recomendacións lectoras para este verán. Esperamos que o disfrutedes e vos gusten as nosas propostas. Bo verán e felices lecturas!


Radio na Biblio

Xa podedes escoitar o novo programa de Radio do Cineclub Touro! Nesta ocasión véñennos a falar de "La quimera del oro". Esperamos que vos guste e decidades ver a película!
La quimera del oro

Radio na biblio

Xa podedes escoitar o novo programa do Cineclub Touro. Nesta ocasión véñennos a falar de "El séptimo sello". Como eles din, unha película difícil, pero acorde cos tempos, e da que sacaron interesantes reflexións. Coma sempre, parabéns por un programa que merece a pena escoitar!
El séptimo sello