Por outra banda, e aproveitando a participación da profesora de Francés, Lourdes, no Programa Integral de Aprendizaxe de linguas estranxeiras da Xunta de Galicia (PIALE) en Nantes, cidade na que viviu Xulio Verne case 30 anos, o alumnado da ESO traballou sobre a súa obra e comezaron a facer unha exposición no corredor do colexio, aínda que debido, ao decreto do Estado de alarma, non puideron rematar as lecturas e a mesma exposición. Ademais a profesora realizou unha exposición, ante o alumnado, de fotografías da casa de Xulio Verne, achegándose así de outro xeito máis ao autor. Os libros de lectura tratados foron: Le tour du monde en 80 jours, Vingt mille lieuses sous les mers e Deux ans de vacances.
Xusto antes da interrupción das clases, comezaran a traballar en algúns cursos sobre o caderno de viaxe "carnet de voyage" sobre os medios de transporte, polo que queda pendente de retomar o curso que vén.
Outra actividade desenvolvida foi a correspondencia entre alumnado galego e francés, tanto epistolar como a través das redes sociais (Snapchat, Whatsapp...). Trátase de unha experiecia moi enriquecedora e motivadora, porque lles permite achegarse a una cultura diferente á propia, aprendendo a respectar as diferenzas, así como a adoptar un comportamento responsable no que se refire ao uso das redes sociais.
Parabéns por tanto traballo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario