Este proceso implicou a procura de información por parte do alumnado, a elaboración de traballos, fichas, o coñecemento de outras realidades e costumes, así como cooperación e a sensiblización sobre o uso de transportes non contaminantes.
Supuxo a simulación da viaxe, incluíndo gastos da viaxe, estancias, dietas, visitas a museos, tralados, polo que a cooperación e organización foi moi importante, pois cada grupo dipuña de unha cantidade de diñeiro para gastos.
Pedalearon, grazas a unhas bicicletas estáticas colocadas na aula, un total de 1267 quilómetros, que se viron interrompidos pola declaración do Estado de alarma.
Con este espíriut, no Entroido o disfraz elixido foi o de exploradores:
Parabéns polo traballo realizado!
Ningún comentario:
Publicar un comentario