A volta ao mundo de 2º de Primaria 2019/2020

O alumnado de 2º de primaria quere compartir con tod@s nós o seu traballo ao longo deste curso. Cóntannos que grazas ao seu compañeiro, Ali, un alumno nado en Dubai e que este é o segundo curso que está escolarizado no noso centro, o Emirato estivo moi presente nas tarefas diarias da clase. Calquera situación era aproveitada para comparar e sacar conclusións en torno á vida das persoas, sobre todo das nenas e nenos, nese entorno e as diferencias entre o día a día entre Touro e Dubai. As referencias á vida en Dubai, á vida en Touro e nos outros países traballados, nacía na aula todos os días, compartindo Ali as súas vivencias cos seus compañeiros e compañeiras.








No Entroido elixiron un espazo moi diferente para coñecer, establecer as oportunas comparacións e logo disfrazarse. Viaxaron ás terras de Groenlandia, de Alaska e do Polo Norte grazas ao pobo esquimó. Grazas aos mapas políticos do mundo, a unha globoesfera e ás novas tecnoloxías que os axudaron a investigar sobre a localización, os costumes, os modos de vida e a vestimenta típica deste pobo. Axudáronnos a comprender moitas realidades, xurdiron preguntas e comentarios moi interesantes,  e fixeron as actividades máis divertidas. 


Foron moitas as actividades que quedaron sen levar a cabo debido ao decreto do Estado de Alarma, entre elas a visita da familia de Ali, para seguir ampliando os seus coñecementos sobre Dubai, aínda así, ralizaron un gran traballo, así que parabéns!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario