Nesas maletas gardaban os seus pasaportes, que foron selando en cada país visitado, e unha carteira con billetes e moedas de cada país. O alumnado ía investigando unha serie de datos sobre cada país, bandeira, localización, comida típica... A continuación, os alumnos e alumnas, por parellas, foron presentando o aprendido sobre cada país a través de unha exposición oral en lingua inglesa ante os seus compañeiros e compañeiras. Esta información era aproveitada polo resto do alumnado para cubrir unha ficha sobre dito país, seguindo así o seu diario de viaxe.
Good job!
Ningún comentario:
Publicar un comentario