Despois da visualización dos 4 primeiros capítulos de "A volta ao mundo de Willy Fog" comezaron coa elaboración de un mosaico sobre os paises nos que estivo Willy Fog. Debido á suspensión das clases, só lles dou tempo a facer Reino Unido e Francia, traballando a capital, a bandeira, o monumento máis significativo, comida típica e vestimenta tradicional.
No Entroido disfrazáronse co traxe típico da India, tamén colorearon e decoraron a cabeza de un elefante hindú, animal moi significativo para a súa cultura, debido a que o consideran símbolo de boa sorte.
Durante o confinamento seguiron traballando no proxecto de "A volta ao mundo" dende as casas. Crearon e ilustraron un videoconto titulado "Coronavirus viaxa polo mundo".
Un gran traballo, parabéns a tod@s!
Ningún comentario:
Publicar un comentario