O alumnado de 2º de ESO participou nun proxecto na materia de inglés no que tiñan que presentar algún invento ou descubrimento que impactou na sociedade. Prepararon unha presentación na que expoñían quen foron os/as inventores/as, o momento da historia no que aconteceu e que impacto tivo na sociedade, desde aquel entón ata a actualidade.
A liberdade creativa
que tiveron á hora de escoller o tema que querían presentar levounos a
resultados moi interesantes, que abrangueron desde o ámbito deportivo (o
nacemento do fútbol e do baloncesto), pasando polo lecer (cando e como xurdiu a
primeira videoconsola de Nintendo ou a creación do videoxogo Fortnite), ata
elementos que transformaron a sociedade en moitos aspectos (coma a roda) e
outros relacionados coa hixiene persoal (coma o perfume).
Foi unha experiencia
enriquecedora aprender e coñecer, a través dos nosos alumnos e alumnas, un
pouco máis sobre a orixe e a historia de descubrimentos que seguen tan
presentes nas nosas vidas cotiás.
Ningún comentario:
Publicar un comentario