Hoxe queremos compartir as actividades levadas a cabo en 6º de Primaria dentro do proxecto da Historia.
No primeiro trimestre, o alumnado de 5º e 6º de Primaria realizou unha visita educativa ao Museo do Pobo Galego, situado no antigo convento de San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela. Esta actividade forma parte do proxecto de aula sobre o patrimonio cultural de Galicia e o proxecto centro sobre a historia, e tivo como obxectivo coñecer mellor a historia, as tradicións e a vida cotiá do pobo galego ao longo do tempo.
No segundo trimestre o proxecto “O noso Patrimonio” naceu co obxectivo de achegar aos estudantes de 8 a 12 anos ao concepto de patrimonio cultural e natural, utilizando ferramentas dixitais para crear un museo virtual. A proposta fomentou o traballo colaborativo, a creatividade, a investigación e o uso de tecnoloxías. O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º iniciouse na concienciación patrimonial a través da empresa local “Patrimonea” que incluía unha visita no segundo trimestre ao Pazo de Andeade, aos restos romanos do Castrillón e á area recreativa e termal de Brandelos. Asemade, como produto final, confeccionaron un museo virtual con fotografías recompiladas polo propio alumnado.
No terceiro trimestre
alumnado e profesorado de 5º e 6º de Primaria fixemos un roteiro
histórico-patrimonial ata o Castro e miradoiro de San Sebastián.
Ningún comentario:
Publicar un comentario