Neste Ano da Historia non só investigamos sobre o patrimonio de Touro, senón tamén sobre o de París e que rematou con unha visita á cidade.
A ville de l'amour foi,
para o noso alumnado de francés de 3º e 4º de ESO, o escenario de percorridos e
anécdotas inesquecibles.
Previo á súa viaxe, durante varias semanas fixeron durante as
clases de francés un traballo de investigación e logo de presentación
dos proxectos relacionado cos lugares e monumentos que ían ver ou visitar como
o Louvre, a Torre Eiffel ou o palacio de Versalles. Os proxectos
realizáronse a través de grupos colaborativos para que o alumado estivera
preparado a tódolos niveis para entender mellor a visita da Capital
francesa.
A súa viaxe comezou o luns 7 de abril pola tarde, cando
puxeron rumbo cara a capital francesa con ganas de coñecer esta marabillosa
cidade chea de historia e cultura ademais de, por suposto, practicar o idioma.
Pola noite deron un paseo en Bateau-
Mouche podendo gozar dunha panorámica de París cos seus
monumentos máis emblemáticos e ver a Tour
Eiffel iluminada, toda unha fermosura.
O martes 8 pola mañá o bo tempo
acompañounos para subir ata o segundo andar da Torre Eiffel e recrearse cunhas estupendas vistas da
cidade. Despois pasearon ata o Trocadéro e
o Champs de Mars.
Pola tarde, camiñaron ata o Concello de París (Hôtel de ville), a catedral Notre Dame e o Quartier Latin. Viron l'Université da Sorbonne, visitaron
o Panthéon coa tumba
de Napoléon e gozaron do sol no Jardin
du Luxembourg.
O mércores 9 seguiron o seu itinerario por
París e visitaron a primeira hora o barrio de Montmartre coa Basilique du Sacré Coeur. Un barrio
con aires bohemios que lle dan todo o seu encanto. Despois de xantar achegáronse ao museo do Louvre e as súas obras
mestras. Ao saír puideron contemplar a súa pirámide de cristal e l' Arc du Carroussel. A continuación,
cruzaron o Jardin des Tuileries,
a Place da Concorde onde
está o Obelisco e
foron paseando ata les Champs
Elysées para chegar ao Arc
de Triomphe, un paseo de máis de 3,5 quilómetros de ensoño.
O xoves 10 foron dirección Versalles onde visitaron o palacio e
os seus inigualables xardíns, así como a
aldea de Marie Antoinette.. Que marabilla!
O venres 11 para rematar a súa
visita da cidade foron ata as Galeries Lafayette que lles permitiu ter un último panorama incrible
da Opéra e da Tour Eiffel. Tras estes días de grandes paseos, descubrimentos e
risas, puxeron rumbo cara ao aeroporto para emprender a viaxe de volta a Santiago.
A volta, despois de Semana Santa, os alumnos tiveron que
facer e presentar un diario da viaxe de maneira individual coas súas fotos,
impresións, recordos etc e presentalos na clase dando deste xeito por
finalizado a súa viaxe cultural a París, pero con moitas ganas de volver, e as
maletas e as mentes cheas de "souvenirs".
Ningún comentario:
Publicar un comentario