O Ano da Historia en 4º de Infantil. Obradoiros das familias

 As familias xogaron un papel moi importante e activo na aula de 4º de infantil implicándose desde o primeiro momento do curso. Foron moitas as actividades que realizaron: traballos manuais, cancións, elaboración de libros, pulseiras, presentacións, visita dun xeneral e dun tractor, aportaron materiais… De novo queremos agradecer ás familias por tanta colaboración durante o curso.

 Na reunión de principio de curso mestra e familias decidiron conxuntamente que a temática da celebración dos aniversarios serían os dinosauros e que cada familia faría unha actividade ao redor deste eixo.

 No primeiro aniversario tocou coñecer ao Oviraptor. A familia elaborou un libro sobre as características deste dinosauro que nos contou na aula. Tamén colorearon un Oviraptor.







 No segundo aniversario tocou coñecer o Tylosaurios. A familia elaborou un libro coas características desde dinosauro que a alumna coloreou e que lle axudou a súa mamá a contar na aula. Tamén cantaron a canción do dinosauro feliz. Elaboraron un panel para clasificar os dinosauros en función do seu hábitat (terra, auga e aire). A familia agochou os dinosauros no areeiro previamente e así os alumnos e alumnas convertéronse en paleontólogos e liberaron aos dinosauros.







 No terceiro aniversario tocou coñecer ao Brontosauro. Contaron un conto sobre el. Logo realizaron un traballo manual coloreando ao Brontosauro e colocárono no seu ovo poñéndolle un depresor para poder movelo e esconder ao dinosauro







 No cuarto aniversario tocou coñecer ao Alosaurio. A familia coa colaboración da nena elaborou un libro sobre este dinosauro, características, hábitat, alimentación… Este libro quedou para o recuncho dos dinosauros da aula.



 No quinto aniversario tocou coñecer ao Pterodactylus. A familia elaborou un libro coa información sobre este dinosauro e tamén un crebacabezas con depresores para cada neno/a que montaron unha e outra vez.







 No sexto aniversario tocou coñecer ao Branquiosaurio. A familia trouxo un conto do mesmo, un xogo dos dinosauros e unhas bandeirolas do aniversario que agasallaron para a aula para os vindeiros aniversarios. Entre todos realizaron un traballo na aula, a mamá trouxo a pegada do dinosauro en cartón a tamaño real e os nenos/as deixaron dentro dela a silueta das súas mans co seu nome.





 No sétimo aniversario tocou coñecer ao Deinocheirus. A familia realizou un libro coas características deste dinosauro e trouxo un dinosauro deste tipo para colorear. Realizaron un lapiseiro cun vaso de cartón no que colocaron a silueta deste dinosauro e que decoraron con gomets.







 No oitavo aniversario tocou coñecer ao Elasmosaurus. A familia fixo un libro coas características, hábitat, alimentación, o continente no que viviu…que contou na clase. Fixeron unha pulseira deste dinosauro. Tamén montaron un dinosauro coas súas partes e ata o disfrazaron. 









 No noveno aniversario tocou coñecer ao Temnontosaurus. A familia fixo unha presentación sobre este dinosauro e trouxo unha imaxe para colorear.






 As familias aportaron moitos materiais e elementos para aula: no samaín unha familia aportou cabazas para o recuncho do Samain, outras dúas mandaron espigas, outra castañas e polo Entroido dúas familias aportaron plumas de pavo para facer máscaras. Tamén nos chegaron ao colexio cabazas no Samaín convertidas en verdadeiros dinosauros.














 Polo día do Libro as familias colaboraron mandando a foto do libro favorito do neno/a co que elaboraron a carteleira na aula dos seus libros preferidos e cada alumno/a explicou as razóns polas que lle gustaba ese libro. Tamén grazas as fotos aportadas polas familias puideron elaborar a liña da vida dos nenos/as.

 

 As familias aportaron materiais para os recunchos dos proxectos: dinosauros, libros, crebacabezas, contos de Roma, disfraces… Tamén tapas para poder realizar os colgantes ao estilo dos mosaicos romanos con teselas…



 Outra familia elaborou un xogo de vestido e espido dos diferentes integrantes da sociedade romana (emperador, patricios, plebeos e escravos). Os nenos/as pasárono moi ben con este xogo que só podemos dicir que lles encantou e agradecémoslle a Patricia enormemente por tanto traballo.













Cando investigaron sobre a historia do tractor, e como foron os primeiros e os materiais dos que se fixeran, unha familia ofreceuse a vir ao colexio a ensinarnos o seu tractor. Esta visita foi todo un éxito para os máis pequenos do colexio. Agradecémoslle moito a Alba e a Roberto por esta visita e por contarnos sobre o seu tractor.


E por último dentro da Bolsa Viaxeira unha das actividades foi que cada familia escollera un invento e fixese unha maqueta del. No caderno escribiron sobre cando apareceu, onde e algunha das súas curiosidades. Cos inventos montaron unha exposición e só lles podemos dicir ás familias que estes inventos son verdadeiras obras de arte e que lles estamos moi agradecidas por tanta axuda e colaboración!